Outras

Tui no universo de C. J. Cela

Lecturas tudenses no centenario do nacemento do escritor de Iria Flavia.

Contos de medo no museo

Unha proposta lectora que engadir as nosas escolmas dos últimos anos.

Unhas páxinas da Nobel de Literatura 2015 Svetlana Alexievich

Unha das obras máis coñecidas de Svetlana Alexievich, a Premio Nobel de Literatura 2015, 14ª muller en recibir un Nobel, é Voces de Chernóbil, sobre as consecuencias que tivo o terrible accidente da central nuclear sita nas fronteiras entre Bielorrusia e Ucraína.

A obra estrutúrase en  corenta monólogos que ofrecen toda unha lección de xornalismo, unha reflexión sobre a memoria e unha rendida admiración da tristeza. Un novo bombeiro que se despide da súa cónxuxe para dirixirse á central en chamas cun "virei pronto" e non pode cumprir a súa promesa, un vello que se cansa de esperar na zona cero do desastre onde ninguén regresa, un escritor que ve como á súa muller e a súa filla éncheselles o corpo de manchas negras (a pequena morrería máis tarde), un coro de aldeáns que se debate entre o horror e a necesidade de dar testemuño... Voces de Chernóbil está pensada coma se fose unha traxedia grega, con coros e uns heroes marcados por un destino fatal, cuxas voces foron silenciadas durante moitos anos na antiga URSS. Pero, a diferenza dunha traxedia grega, non houbo posibilidade de catarse.

 

«Alexievich describe de maneira moi elocuente a incompetencia, o heroísmo e a dor: mediante os monólogos dos seus entrevistados crea unha historia que o lector, por moi distante que estea dos acontecementos, será capaz de palpar.» (The Daily Telegraph)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer