Skip to Content

Actividades

MÚSICA E CONTOS PARA OS MÁIS CATIVOS DE TUI

O martes alumnado de música de distintos niveis máis outro pequeno grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO visitaron a Escola Infantil para compartir música e os contos co público máis agradecido: os peques de Tui.

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

VER: TIME LAPSE

 

II EDICIÓN DO “OUTONO LITERARIO”. Saída Didáctica San Cibrán de Lás-Ourense-Monforte de Lemos

Alumnado de 2º da ESO está a visitar, nestes días 10 e 11 de novembro, o parque arqueolóxico da cultura castrexa (Lámbrica-San Cibrán de Lás), Ourense (ponte romana, burgas, catedral e roteiro literario: praza Maior, rúas da Paz, Santo Domingo, Lepanto… lembrando a Blanco Amor e a súa Esmorga, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo, Rey Soto, Carlos Casares ou Marcos Valcárcel; e Monforte (Escolapios, pazo de Tor, museo dos ferrocarrís de Galicia, roteiro Manuel María, castelo, pazo do conde de Lemos: mecenas de Góngora, Cervantes..., referencias a Lois Pereiro…). Esta actividade e a segunda edición do “Outono literario” (pola Atenas galega e o Monforte do conde de Lemos e de Manuel María).

 

Actividade Extraescolar Interdepartamental: Biblioteca e Club Lector, Latín, Grego e Relixión.

FESTAS DE OUTONO: Concurso de Cabazas e Relatos - 2016

 

A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ NO 1º RECREO DO VENRES 4 NA BILBIOTECA.

FESTAS DE OUTONO: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES - 2016

EXPOSICIÓN DE CABAZAS:

O alumnado que participe na exposición deberá deixar na conserxaría a súa cabaza cun cartel co nome e curso.

 

CASTAÑAS:

Haberá unha caixa no recibidor para deixar as castañas (xa picadas) que traia o alumnado.

 

DISFRACES:

O alumnado que queira disfrazarse poderá facelo no 2º recreo. Non está permitido ningún complemento de disfraz que poida resultar perigoso. Sentidiño!

 

FESTAS DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO - 2016

SAMAÍN E MAGOSTO NO IES SAN PAIO - 2016

FESTAS DE OUTONO: CONCURSO DE RELATOS - 2016

DÍA DO LIBRO COS CATIVOS

Malia que tiñamos preparado ao alumnado para participar na celebración do Día Internacional do Libro co resto dos centros educativos da localidade no tradicional TUI LE o tempo ameazou chuvia.

Pero non podiamos deixar pasar este día sen contar algún conto polo que dous grupos de 1ºESO foron facer unha contada aos cativos da Galiña Azul.

Foi unha bonita experiencia para os nosos rapaces e rapazas ter un público tan entregado e, como non podía ser doutro xeito, elas e eles tamén estiveron á altura e o fixeron marabillosamente ben.

Parabéns e FELIZ DÍA DO LIBRO.

 

 

A Biblioteca pola paz

 

             

 

30 de xaneiro: Día da Paz

O neno da Biblioteca

Non é o título dunha película, nin da última novela de John Boyne. O noso protagonista foi fotografado polo xornalista Gervasio Sánchez cando xogaba entre os cascallos da biblioteca de Sarajevo. O edificio que acubillaba dous millóns de libros fora destruído uns días antes polas bombas que diluviaban sobre a cidade asediada. As correntes levantaban as cinzas, mudas probas do voraz incendio que tamén ennegrecera libros e retorcera estantes. Edo Vosivcic con cinco anos fixo daquelas ruínas o seu particular parque infantil.

O neno da biblioteca e o neno do pixama a raias teñen moito en común, os dous son vítimas inocentes da barbarie humana. Igual que eles son millóns no mundo os nenos atrapados polas gadoupas dos centos de conflitos que alimenta a tolemia bélica dos adultos. Non é preciso desenterrar vellas historias para exemplificar o que afirmamos. Onte en Gaza, agora mesmo mentres les estas liñas en calquera lugar do que non queremos ou non podemos lembrar o nome.

Dicía o poeta Antonio Machado que é propio de cabezas medianas arremeter contra todo aquilo que non lles cabe na cabeza. Nas nosas cabezas (medianas, pequenas ou grandes) non caben as inxustizas, os odios, as guerras, a razón da forza... Porque apostamos pola forza da razón, porque queremos crer que o home non é un lobo para o home, porque confiamos no poder da palabra... queremos berrar, dende o máis fondo do noso corazón adolescente, hoxe e todos os días da nosa vida: NON MÁIS VIOLENCIA! PAZ! (mais non queremos a paz dos cemiterios, queremos a paz viva que nace da xustiza e do respecto aos demais).

Sabemos que o noso xesto e simbólico, que non somos quen de influír nos grandes centros de decisión pero queremos sementar un futuro mellor porque como dixo o poeta e novelista Abdulah Sidran “as palabras son grans. O que escribamos agora dará froito dentro de cincuenta anos”

Tamén, como non podía ser doutra maneira, a biblioteca do instituto únese aos desexos de paz universal. Oxalá en todo o mundo as letras substitúan ás escopetas e os libros aos canóns! Que as mulleres e os homes, as nenas e os nenos poidan gozar das bibliotecas, dos libros e da lectura, que poidan xogar nas bibliotecas, cos libros e coa lectura mais non entre cascallos como Edo Vosivcic, o neno da biblioteca!

 

       

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut