Carbalho_Calero

30 cabodano

O 25 de marzo de 1990 Ricardo Carvalho Calero deixaba Compostela camiño da eternidade dos bos e xenerosos. Lembramos esta data cuns versos seus de Cantigas de amigo e outros poemas:

Administrar o capital do nosso destino,carvalho
é umha forma de viver.
Querer trocar a moeda do nosso destino
é umha forma de morrer.
Aquilo é próprio de ti,
isto de mim.
Vive, pois, Phoénix, a tua vida,
mentres eu morro a minha morte.
Hai un além que se chama autenticidade,
onde, se cadra, a tua vida e a minha morte
convergirám, como paralelas no infinito.              

 

A "sin sombrero" María Silgar

Unha lectura moi acaída para celebrarmos o Día das Escritoras e para coñecermos mellor o protagonismo de Mª Ignacia Ramos Díez (María Silgar), unha “sin sombrero”, na obra de Ricardo Carbalho Calero, autor do Día das Letras 2020: Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero contra a ‘historia única’ (xénese e análise d’ A xente da Barreira e Os señores da Pena) de Xulio Pardo de Neyra, Edicións Embora, 2019.

Unha densa e pormenorizada análise dun Carvalho Calero polígrafo mercé á intervención de Mª Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira. Esta descóbrese como unha das tantas e tantas mulleres silenciadas que, embora, destacaron con luz propia no planisferio das letras dunha Galiza adoito magoada. Do punto de vista integral e integrador, Pardo de Neyra aborda neste traballo o estudo do Carvalho primeiro novelista de Posguerra e o da Ramos Díez inspiradora, aleitadora e mesmo escritora. Co pano de fundo da Historia Social, por este texto aténdese á realidade que levou Carvalho a agasallar á literatura galega coas súas primeiras tentativas romancísticas logo da implantación do fascismo inaugurado en 1936, así como á do Carvalho docente, impulsor e inspirador do importante proxecto educativo do Colexio Fingoi de Lugo, un dos máis relevantes para a historia da educación galega (da presentación editorial)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer