Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Secretaría

Prematrícula 2021-22

Imaxe do formulario

Para poder facer previsións de profesorado e optatividade, é necesario realizar unha prematícula. Esta se completa cubrindo o seguinte formulario: (o primeiro prazo de presentación rematou o 19 de maio e ampliamos a un segundo prazo ata o 28 de maio)

Formulario para cubrir a prematrícula 2021-22

En caso de presentar varias veces a prematrícula se terá en conta a última entregada. Para o alumnado que se incorpora a 1ºESO non se realiza prematrícula.

Recordamos que haberá que realizar a matrícula oficial do 25 de xuño ao 10 de xullo (ambos incluídos), ou do 1 ao 10 de setembro no caso de non promocionar en xuño.

Indicacións do departamento de orientación (creadas para o curso 20-21):

4ºESO

1ºBacharelato

2ºBacharelato

Para ampliar a orientación contactar co orientador no centro ou por correo electrónico.

Luis: luismanuel.andres@edu.xunta.gal

 

Dúbidas sobre cuestións técnicas para cubrir o cuestionario preguntar ao secretario ou á xefa de estudos. Tamén podes deixar unha mensaxe de whatsapp no teléfono móbil do IES:

62303253

que se contestará en 24/48 h

Prematrícula para o curso 2020-2021

A causa da especial situación na que nos atopamos neste curso académico, este ano a prematícula vaise realizar a distancia cubrindo o seguinte formulario: (o prazo de presentación remata o 31 de maio)

Formulario para cubrir a prematrícula 2020-21

En caso de presentar varias veces a prematrícula se terá en conta a última entregada. Para o alumnado que se incorpora a 1ºESO non se realiza prematrícula.

Recordamos que haberá que realizar a matrícula oficial do 1 ao 10 de xullo (ambos incluídos), ou do 1 ao 10 de setembro no caso de non promocionar en xuño.

Indicacións do departamento de orientación:

3ºESO

1ºBacharelato

2ºBacharelato

Para ampliar a orientación contactar coas orientadoras:

Marian: afvazquez@edu.xunta.gal

Elena: elena.fcigona@edu.xunta.gal

Dúbidas sobre cuestións técnicas para cubrir o cuestionario no teléfono

62303253

 

 

CORRECCIÓN DE ERROS: ISBN libro TECNOLOXÍA 3º E.S.O.

O ISBN CORRECTO DO LIBRO DE TECNOLOXÍA DE 3º DE E.S.O. É:

978-84-67359343

EDUGAL xa está en marcha!

O salón da educación e formación de Galicia terá lugar o vindeiro 26, 27 e 28 de febreiro de 2014 no Pazo de Congresos de Pontevedra.

Sería interesante que alumnado con inquedanzas profesionais a curto prazo asista.

Para AEMPE (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa da provincia de Pontevedra), o principal obxectivo de Edugal é tratar de contribuír a mellorar a formación do público: alumnado,  profesorado, orientadores, país, nais, profesionais. Para isto, a oferta do salón será o máis ampla posible co fin de que satisfaga a persoas con diferentes necesidades.

Esta oferta comprende dende a elección da carreira universitaria ata o coñecemento dos diferentes cursos aos que optan traballadores/as en activo ou persoas en desemprego, pasando polo catálogo de Formación Profesional. Todo isto enmarcado en distintos ámbitos: autónomo, nacional e tamén internacional.

A entrada é gratuita!

Podedes atopar máis información detallada nos seguintes enlaces:

https://www.facebook.com/EDUGAL.AEMPE

www.edugal.es

 

Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es