novelas

"Entre tonos de gris" de Ruta Sepetys

Entre tonos de gris

de

Ruta Sepetys

Corre o mes de xuño de 1941 en Kaunas (Lituania). Lina, de quince anos, está a preparar o seu ingreso nunha escola de arte. Ten por diante todo un verán cheo de posibilidades para unha moza da súa idade. De súpeto unha noite, a plácida vida dela e a da súa familia librocambia cando a policía secreta soviética irrompe na súa casa deténdoa xunto coa súa nai e o seu irmán. O seu pai, un profesor universitario, desaparece a partir dese día. Lina relata a longa e ardua viaxe que emprenden, xunto a outros deportados lituanos, ata os campos de traballo de Siberia. A súa única vía de escape é un caderno de debuxo onde plasma a súa experiencia, coa determinación de facer chegar ao seu pai mensaxes para que saiba que seguen vivos. Tamén o seu amor por Andrius, un mozo ao que apenas coñece pero a quen non quere perder, lle infunde esperanzas para seguir adiante. Este é o inicio dunha longa viaxe que Lina e a súa familia terán que superar valéndose da súa incrible forza e vontade por manter a súa dignidade. Pero é suficiente a esperanza para mantelos vivos?
 
 

Le aquí o inicio da novela

Xaneiro 18

maceirasEuropa Express
de
Andrea Maceiras

    “É un libro moi interesante que fai que vexas a historia coma algo cercano que nos pode pasar a calquera e esperta reflexións nun mesmo. A min déronme ganas de facer unha viaxe cos meus amigos e desfrutar moito deles que son o mellor que teño. Este libro fala de amor, coa historia de Xacobe-Aroa-Nico como eixe, da felicidade que sentían ao viaxar todos xuntos por Europa. Tamén dá conta do crecemento, da madurez, da busca da identidade e da morte, circunstancias que fan que os personaxes sexan redondos e que evolucionen ao longo da obra por mor das situacións que viven, que os van formando” (opinión de Sabela, alumna de 4º da ESO no IES de Poio” o curso pasado)

     - Como se nota que hai partido! -comenta Mario, provocando os risos dos outros tres compañeiros.
    - Os partidos son sagrados! -exclama un deles.
    - Iso se non vén ningún papaleisón fóra de hora! -engado eu.portada
    Outra rolda de risos corea o meu comentario. Eles xa saben o moito que odio eses papamoscas que veñen dar a lata despois da hora de peche con avarías terríbeis que non poden agardar ao día seguinte. Que madruguen e que veñan mañá a primeira hora, eses trosmas! Ou que pensan, que temos un taller 24 horas? Aquí arranxamos coches, carafio, que non somos o servizo de urxencias do hospital! Pero claro, o taller non vai tan ben como antes e é moi lucrativo aproveitarse da desesperación dese tipo de clientes. Por eses arranxos provisionais de última hora cobramos un extra ben gorentoso. Aínda así cégame a carraxe cada vez que entra un deses pailarocos!
    Quito a graxa negra das mans cun pano tan manchado que non sei se quedan máis limpas ou máis sucias. Que máis ten, a graxa das mans é tan difícil de quitar que xa non me esforzo. A non ser que vaia quedar con algunha moza. Se é así, pode pasar horas fregando nelas ata que non quede nin rastro de graxa!
    - Mira, Óscar! -berra Mario-. Velaí vén un dos teus!
    Na costa que hai diante do taller, no medio da escuridade, alumean os potentes faros dun coche. Xusto o que temía. Aquí vén un dos de última hora.
    - O que faltaba! -exclamo-.  Mexanacama! Moinante! Tiñas que vir a estas horas, eh? Non quedabas contento se non viñas! Pisabostas!
    Os meus compañeiros esmendréllanse de risa. Son bos rapaces e levámonos de marabilla, andamos todo o día bromeando no taller, saímos a ver os partidos, a tomar unhas cervexas...     

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer