Skip to Content

libro

Libros e República!

Nove días separan o aniversario da proclamación da Segunda República Española e a celebración anual do Día do Libro.

Hoxe, noventa anos despois do nacemento da malograda Segunda República rescatamos un discurso histórico: o que pronunciou o poeta García Lorca na inauguración da biblioteca do seu pobo natal, datado no mes de setembro de 1931. Unha proclama que recolle moitas das ideas que sobre a educación en xeral e o libro en particular tiñan as autoridades republicanas.

Aquí tes un monllo de citas deste discurso lorquiano:

    Non só de pan vive o home. Eu, se tivese fame e estivese  desvalido na rúa non pediría un pan; senón que pediría medio pan e un libro. E eu ataco desde aquí violentamente aos que soamente falan de reivindicacións económicas sen nomear xamais as reivindicacións culturais que é o que os pobos piden a berros.

    Libros!, libros! Velaquí unha palabra máxica que equivale a dicir: “amor, amor”, e que debían os pobos pedir como piden pan ou como anhelan a choiva para as súas  sementeiras.

    O libro é sen disputa a obra maior da humanidade.

    O libro deixa de ser un obxecto de cultura duns poucos para converterse nun tremendo factor social.

    E aos que non teñen medios, que acudan a ler, que acudan a cultivar as súas intelixencias como único medio da súa liberación económica e social.

    Moitas veces, un pobo está durmido e un libro pode estremecerlle e inquietarlle e ensinarlle novos horizontes.

    Só a través da cultura pódense resolver os problemas en que hoxe se debate o pobo cheo de fe, pero falto de luz.

    Contra o libro non valen persecucións. Nin os exércitos, nin o ouro, nin as chamas poden contra eles.

    E sabede, desde logo, que os avances sociais e as revolucións fanse con libros (...) que non valen armas nin sangue se as ideas non están ben orientadas e ben dixeridas nas cabezas.

    Se premes aquí tes acceso ao texto íntegro do discurso que tamén foi editado por Kalandraka nas catro linguas do estado español:Libros e República!

Decembro 2019

Os libros son
unha das vigas máis esenciais das casas.

Pénsao.
Sen literatura que nos sosteña,
que fica?

Poderíase dicir
que son rescatadora de versos,
antes ca poeta:

os poetas sempre son nenos ou anciáns.
O resto,
afeccionamos.

Eu constrúo ausencias.

 Clara Vidal (A Coruña, 1992) in Arquitectura da ausencia
http://palavracomum.com/7-poemas-de-clara-vidal/

Abecedario do libro

Máis información poñéndose sobre as palabras da video-presentación

Xuño 2017

Enlazados
de
Rainbow Rowell
autoraHoxe estamos acostumados a comunicarnos a través das redes sociais pero a comezos deste milenio a chegada da internet ás nosas empresas e vidas resultaba moi novidosa. Por iso o xefe do periódico onde traballan Beth e Jennifer vese obrigado a contratar a un informático que vixíe que non se use de forma incorrecta a rede interna da empresa meténdose en páxinas inoportunas en horario laboral. Deste xeito Lincoln, aínda que sabe que non é correcto, entra na comunicación que por correo electrónico teñen as nosas protagonistas traballadoras en distintos departamentos, que a pesar de sabérense vixiadas, envían mensaxes interminables e divertidas nas que comentan as súas vidas privadas. O informático en vez de avisalas ou comunicarllo ao seu xefe comeza a coñecer o seu día a día: problemas familiares, problemas de parella, a maternidade, o valor da amizade...
Esta é a primeira novela de Rowell (nada en 1973). Na nosa biblioteca tamén podes atopar outros títulos seus como: Eleanor & Park, Fangirl, Segundas oportunidades e Moriré besando a Simon Snow.

   

     El anuncio del Courier rezaba: “Oportunidad a jornada completa para cubrir una vacante como encargado de seguridad informática. 40 mil más seguro de salud y dental”.Enlazados
    Encargado de seguridad informática. Lincoln se había imaginado a sí mismo construyendo cortafuegos y protegiendo la publicación de peligrosos piratas informáticos, no mandando avisos cada vez que un contable reenviaba un chiste verde al compañero de al lado.
    El Courier debía ser el último periódico de Norteamérica que había instalado internet a sus redactores. Al menos, eso decía Greg. Era el jefe de Lincoln y director del departamento informático. Greg aún se acordaba de la época en que los redactores usaban máquinas de escribir eléctricas.
    -Y me acuerdo -decía-, porque no hace tanto tiempo. En 1992. Nos pasamos a los ordenadores porque ya no podíamos encargar cinta, no os engaño.
    La dirección se oponía a todo este asunto de internet, explicaba Greg. En opinión del director, dejar que los empleados tuvieran acceso a la red era lo mismo que darles permiso para trabajar si les apetecía o mirar porno cuando no.
    Pero ese empeño en carecer de internet acabó por convertirse en algo absurdo.
      Cuando el periódico inauguró la web, el año anterior, los redactores....   

 
 

Maio 2017

Reo
de
Xesús Fraga

fragaXesús Fraga (1971, londiniense trasladado a Galicia de neno, xornalista, escritor e tradutor) entra no mundo graffiteiro a través do diario de  Reo que é quen de contar as súas propias experiencias vitais e describir o mundo que o rodea, sen obviar unha ollada realista sobre a incerteza do tempo que vive. Reo perfila a vida cotiá dun mozo de dezasete anos, que se presenta como un “rapaz de barrio. Un calquera. Un ninguén”. Un francotirador solitario que vai sorteando os riscos que a súa afección ao graffiti provoca. O seu afán por ser lembrado como o mellor “escritor” faille perder o norte e todo o seu tempo é para deixar o seu tag en calquera parte e cantos máis mellor, descoidando os seus estudos e a súa vida persoal.

Pero se hai unhas pezas que merezan o meu respecto son as dos treneiros, os escritores quereo fan verdadeiras marabillas sobre os vagóns. E iso é ilegal, claro. Ademais, o graffiti empezou hai décadas no  metro de Nova York, esa é a orixe de toda esta movida que chega ata hoxe. As vías son coma un imán, algo visceral. Eu fixen un tren hai dous anos. Máis ben axudei a Thun a facelo. Thun foi quen me introduciu nisto. Ten algúns anos más ca min e levaba tempo pintando. El era o rei da cidade, de feito, antes de que o fose eu, antes ca Virus. Non era o que máis se deixaba ver, pero tiña  un estilo recoñecible, fresco e clásico á vez; notábase que sabía ben de onde viña. E, máis aínda, era o rei, pero non un tirano. Quero dicir, non fachendeaba, senón que as súas pezas falaban por el. Non se metía en leas innecesarias nin chuleaba a ninguén. Entendía o graffiti como unha fraternidade, era o que dicía sempre. Axudaba. Ensinaba. Fíxoo comigo. Foi el quen me aprendeu a traguear, os estilos, a fabricar o meu propio rotulador extra ancho con feltro dos borradores e tinta Instamark, a cambiarlle as boquillas aos sprays para conseguir os trazos tochos das potas. Quen me aprendeu que entraba a formar parte dunha tradición que se remonta a varios anos na nosa cidade, cando o primeiro graffiti alá nos anos oitenta, cousas de  Tóxico, de Coma, de Teor, pioneiros dos que xa case non queda pegada nos muros, pero si na memoria dos escritores. E, sobre todo, aprendeume como non hai que deixarse coller.
   

Libros, territorio da escultura

Neste 23 de abril lembramos a pegada do libro nas artes escultóricas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut