Skip to Content

poesía, decembro, lucia_novas

Decembro 2016

A Neve 


A NEVE nace nas altas montañas, nos mananciais
ennobelados, nos cumios esguíos.
A neve viaxa en tanques de cristal, en vasos
de coiro, en vidros finísimos, en ánforas
de sede.
 
A neve é agasallo, té de chafarís, tenda
de folerpas.
 
A neve é caricia
neste tempo de conforto.

     Lucía Novas Garrido (Bueu, 1979)  in  Neve (Espiral Maior, 2010)

Distribuir contido


by Dr. Radut