Skip to Content

Biblosanpaio

Loitando contra a segregación racial

 

parksROSA PARKS, LUTHER KING

 

E O BOICOT DOS AUTOBUSES

 

MONTGOMERY

 

Todo comezou en 1955, cando unha costureira afroamericana chamada Rosa Parks, que ía sentada tranquilamente nun autobús da compañía Montgomery, negouse a ceder o seu asento a un señor branco... Por entón, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos sentaban diante e os negros detrás, ao fondo. O condutor do autobús ordenou a Rosa que deixase o seu lugar a un branco que acaba de subir. Ela negouse a abandonar o seu sitio. O condutor chamou á policía, que acabou detendo a Rosa.


Tras esta inxustiza iniciouse unha campaña de boicot contra a empresa de autobuses secundada pola comunidade negra. Organizáronsautobúse dunha forma marabillosa: a maior parte desprazáronse andando, en bicicletas,  tamén usaron un sistema de coches compartidos ou mesmo montaron mulas... calquera cousa con tal de non tomar os autobuses. 


kingPois ben, aquí entrou en acción un señor que terá unha enorme importancia na loita contra o racismo: Martin Luther King, que  chegou a ser detido, xunto a outros 156 manifestantes, por "obstaculizar" un autobús. King comentou sobre o arresto ao dicir: "Eu estaba orgulloso do meu crime, foi o crime de experimentar coa miña xente unha protesta non violenta contra a inxustiza".


O movemento, que durou 382 días terminou grazas a unha decisión da Corte Suprema dos Estados Unidos do 13 de novembro de 1956 que declarou ilegal a segregación nos autobuses, restaurantes, escolas e outros lugares públicos.

A loita agrarista contra os foros

Con esta iniciamos unha serie de entradas sobre movementos que contribuiron ao avance e mellora da humanidade, movementos non violentos que, ás veces, foron represaliados con violencia e morte.

Mártires de Sobredo (artigo de Manuel Bragado)

Cumpríronse noventa anos dos acontecementos de Sobredo, na parroquia de Guillarei, cando tres persoas foron asasinadas o 28 de novembro de 1922 pola Garda Civil cando defendían a dignidade dos labradores aos que se lles esixía un lucro da terra que eles traballaban. Cándida Rodríguez, veciña da parroquia de Pazos de Reis, Joaquín Estévez Besada, veciño de Soutelo do concello de Salceda de Caselas e Venancio González Romero, dirixente agrario de San Esteban de Budiño foron as tres persoas falecidas, xunto a outras sete que resultaron feridas de bala, cando a Garda Civil disolveu a balazos unha concentración de máis de dúas mil persoas que acudiran, convocadas a golpe de badaladas e de foguetes, dende diversas parroquias de toda a bisbarra, dende o Baixo Miño, a Louriña até o Paradanta en solidariedade cun veciño de Sobredo, a quen coa presenza do xuíz e a Garda Civil lle pretendían embargar os bens por negarse a pagar o foro ao rendista tudense José Sarmiento.

Unha negativa a pagar acordada no Congreso Rexional Agrario de Tui, celebrado do 28 ao 30 de xuño do mesmo ano, no que se acordou tamén fundar a Confederación Rexional de Agricultores Galegos baixo a presidencia de Basilio Álvarez. Un boicot, asumido por 133 sociedades agrarias parroquiais, co que se pretendía rematar cuns contratos forais, propios dun réxime escravista medieval, que obrigaban aos labregos a pagar unha renda anual, case sempre á altura do san Martiño, ben en especie (millo, viño ou animais) ou en cartos, aos donos da terra que traballaban. Unha reivindicación que provocaría o 6 de novembro a detención dos membros da directiva da Sociedade Agraria de Ribadelouro, o comezo dunha posterior folga na bisbarra e a clausura de locais das sociedades.

monumentoDende entón, os acontecementos de Sobredo de 1922 quedaron fixados como símbolo da sociedade labrega martirizada, uníndose a xeira oprobiosa doutros semellantes que se produciron nesta loita agrarista noutras localidades do país, como Oseira (1909), Nebra (1916) e Sofán (1919).

A actitude rebelde, a solidariedade, a fraternidade, o esforzo colectivo amosado na longa loita antiforal ao longo de máis de dúas décadas conseguiron abrir unha saída política para o conflito que chegaría no mes de xuño de 1926 co decreto de redención foral do goberno de Primo de Rivera, que permitía cos labregos fosen donos das súas terras, mediante o pagamento dunha indemnización. Un sistema que custou ferro e fariña pagar a tantos dos nosos campesiños, que procuraron nos vieiros da emigración americana os cartiños para redimir os foros das terras de seu.

bretemas@gmail.com

 

 

 

Nubes de palabras contra a violencia machista (III)

nomes

Nomes das vítimas

 

poesía

Nube elaborada a partir de poemas de Polifonías, voces poéticas contra a violencia de xénero, Espiral Maior-Xunta de Galicia, A Coruña, 2006

 

conceptos

Conceptos relacionados coa violencia

Nubes de palabras contra a violencia machista (II)

Máis nubes

  • con verbas en inglés

nube inglés

  • stop á violencia

stop

Nubes de palabras contra a violencia machista (I)

Presentamos algunhas das nubes de palabras elaboradas e coas que traballaron membros do SP "A biblioteca no peto" para concienciar contra a violencia machista.

cerebro

Nube creada a partir do artigo de GIL-VERONA et alii, "Psicobiología de las conductas agresivas" in Anales de psicología, 2002, vol. 18, nº 2 (decembro), 293-303

 

 

Lembrando aos refuxiados na Xornada Escolar pola Paz

Llorenç Vidal: home de versos e de paz

Este educador e poeta mallorquino fundou en 1964´o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, xornada que celebramos cada 30 de xaneiro lembrando tamén a morte de Gandhi.

Para coñecer mellor a súa vida e obra preme aquí

Velaquí  o seu  SALMO DO PACIFISTAllorenç vidal

Neste mundo de clans e de fanáticos,
practiquemos a tolerancia...

Neste mundo que rompe os dereitos e os deberes,
salvemos os dereitos humanos...

Neste mundo cheo de odio e de rancores,
sementemos sementes de amor...

Neste mundo onde reinan as discordias,
vivamos como bos irmáns...

Neste mundo de exilio e de violencia,
cultivemos nos corazóns a vida...

Neste mundo de guerras e miseria,
edifiquemos a paz...

Guerra e Paz de cine

PAZ territorio da Pintura

Educando pola PAZ

Distribuir contido


by Dr. Radut