Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

ANPA

ANPA: ENTREGA DE LIBROS A ALUMNADO ASOCIADO

 

O vindeiro VENRES 2 DE OUTUBRO, de 18.30 a 21.00 h, será o único día habilitado para a entrega de libros da ANPA do IES, que se fará entrando pola porta lateral do edificio, fronte ao campo de fútbol sala.

Lembra que para poder recibir estes libros de texto:

  • É obrigado ter pagada a cota de socio (co nome completo do alumno/a e curso no que se atopa) e entregada a ficha de inscrición (ata 25 de setembro).
  • Só se entregan libros a maiores de idade. Se estes non fosen os proxenitores do alumno/a, deben traer autorización escrita e copia do DNI dun deles.
  • Os libros non obrigatorios se entregarán só se hai stock dispoñible. Non se comprarán exemplares novos de libros recomendados ou que non figuren na listaxe de libros de texto publicada polo centro.
  • É obrigatorio devolver á ANPA os libros ao finalizar o curso en vigor. Os socios/as que incumpran esta obriga de devolución non recuperarán o importe da fianza depositada (30€/socio para os cursos 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC).

Lembramos tamén a necesidade de usar máscara e manter en todo momento a distancia mínima de seguridade.

Agardámoste.

 

 

NOTIFICACIÓN DA ANPA: DEVOLUCIÓN DE LIBROS, INSCRICIÓNS NOVO CURSO...

A ANPA do IES, en colaboración co equipo directivo e a través dos titores dos diferentes grupos, entregará ao alumnado, no primeiro día de clase, unha notificación en dúas páxinas así como unha ficha de inscrición, para levar para casa.

Non obstante, e co obxecto de que poidan contar coa información máis relevante con tempo suficiente, adiantamos ás familias do alumnado os seguintes puntos:

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO CURSO 2019-20

  • A recollida dos libros prestados pola ANPA para o curso que remata terá lugar exclusivamente o XOVES 24 DE SETEMBRO, de 18.30 e ata as 21.00 h, na planta baixa do IES.
  • A NON DEVOLUCIÓN nesta data exclúe automaticamente da posibilidade de pertencer á ANPA e de optar ao préstamo de libros e ás posibles bonificacións para saídas didácticas.
  • Tamén nesta data e horario se recollerán LIBROS DE DOAZÓN (libros de texto que sexan obrigatorios e estean aínda en vigor). Cada libro doado dá dereito a recibir outro (sen custo, pero que haberá que devolver ao finalizar o curso).

DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE COMO SOCIA/O PARA O CURSO 2020-21

  • A FICHA DE INSCRICIÓN para o novo curso deberá cubrirse e entregarse ANTES DO VENRES 25 DE SETEMBRO na caixa de correos da ANPA, que está na Conserxería do IES. Dita ficha chegará ás casas na primeira semana, cando se entregue ao alumnado pero se o prefiren poden descargala xa AQUÍ. Non se aceptarán novas inscricións  a partir da data sinalada.
  • TAMÉN ANTES DESTA DATA será necesario TER PAGADA A COTA DE SOCIO (10€/socio e 5€ se é segundo fillo socio), por unha destas vías:
    • En efectivo, o mesmo xoves 24 de setembro, de 18.30 a 21.00, na planta baixa do IES.
    • Por transferencia bancaria á conta ES29 0238 8307 7806 0500 9986 do Banco Santander, FACENDO CONSTAR O NOME COMPLETO DO NENO/A E O CURSO NO QUE ESTÁ. Non se poderán validar aquelas transferencias nas que non figuran estes datos.

CONDICIÓNS DO BANCO DE LIBROS

  • O custo do préstamo de libros será de 3€/libro, non reembolsables.
  • Para 4ESO, 1BAC e 2BAC, cada socio terá que depositar unha fianza de 30€/alumno/a, que se reembolsará coa devolución ao rematar o curso.

Lembramos que esta información entregarase, ampliada e en formato físico, ao alumnado na primeira semana de clase para a súa entrega na casa.

Bo curso, e ata entón.

 

NOTIFICACIÓN DA ANPA PARA A DEVOLUCIÓN DE LIBROS 2019-20

O vindeiro MARTES 30 DE XUÑO, das 18.30 ás 20.30 horas, procederase á RECOLLIDA DOS LIBROS CEDIDOS POLA ANPA aos socios durante este curso 2019-2020. Lembramos que:

  1. É OBRIGADO DEVOLVER OS LIBROS NESTA DATA E HORARIO para todos, salvo para aqueles que teñan materias suspensas e deban presentarse a exames en setembro.
  2. Para a recuperación das fianzas, DEBERÁ ACUDIR A PERSOA RESPONSABLE Á QUE SE LLE ENTREGARON OS LIBROS ou, no seu defecto, outra persoa MAIOR DE IDADE CON AUTORIZACIÓN ESCRITA na que conste o nome e o DNI do responsable.

Para adaptarnos ás necesarias medidas hixiénico-sanitarias, É MOI IMPORTANTE:

  • NON ACCEDER AO INTERIOR DO EDIFICIO. A devolución farase a través das ventás da planta baixa, tendo cada curso adxudicada unha ventá.
  • USAR MÁSCARA E GARDAR AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE.

PRESENTACIÓN CURSO 18-19

 

 Horario da presentación:

 

LUNS 17

 

10:30H  1º ESO SALÓN DE ACTOS
11:30H RESTO DOS CURSOS AULAS CORRESPONDENTES

Colocaranse listados do alumnado por aulas nas columnas do pavillón (o de 1º ESO irá directamente ao salón de actos).

As familias e acompañantes poderán agardar no patio mentres se realiza a presentación. Lembren que non poden entrar cos coches no recinto escolar.

Os e as usuarias do transporte escolar disporán do servizo para entrar ás 10:30  e sair ás 12:30.

LIBROS DE TEXTO POR NIVEIS- CURSO 2019/20

É recomendable agardar ao inicio de curso e ás indicacións dos respectivos docentes antes de adquirir libros ou material novo para evitar gastos innecesarios; por exemplo, hai profesores/as que non usan (e polo tanto non piden) libro de texto para as súas clases; outros/as preferirán cadernos ou material específicos. Agardar a estas instrucións, pode evitar comprar material que logo non se usaría ou non se adaptaría ao que realmente necesita o alumnado.

Non obstante, cada departamento seleccionou un libro de texto por curso e materia; no caso de que as familias prefiran adquirilo sen esperar ao comezo do curso, esta é a listaxe deses libros.

Premer no curso para descargar a listaxe correspondente:

1º ESO

2º ESO

ESO 

4º ESO

1º BAC

2º BAC

Planificación SETEMBRO 2018

LUNS 3

EXAMES

PRAZO  MATRÍCULA ESO E BAC

MARTES 4

EXAMES

PRAZO  MATRÍCULA ESO E BAC

MÉRCORES 5

EXAMES

ENTREGA NOTAS 2º BAC (11:30h. aula correspondente).

RECLAMACIÓNS 2º BAC

MATRÍCULA ABAU

PRAZO  MATRÍCULA ESO E BAC

XOVES 6

DEVOLUCIÓN DE LIBROS E ENTREGA DE NOTAS ESO/1ºBAC (nas aulas correspondentes)

1º ESO de 11:30 a 12:00
2º ESO de 12:00 a 12:30
3º ESO de 12:30 a 13:00
4º ESO de 13:00 a 13:30
1º BAC as 12:00

RECLAMACIÓNS (ESO/BAC).

MATRÍCULA ABAU( ATA AS 11:00H)

VENRES 7

RECLAMACIÓNS (ESO/1º BAC)

PRAZO  MATRÍCULA ESO E BAC

LUNS 10

 

ÚLTIMO DÍA DE MATRÍCULA

 

VENRES 14

Publicación listaxe definitiva – Fondo Libros.

Comezo entrega de Vales – Axudas de material.

LUNS 17

Comezo das aulas( pendente de confirmar o horario de presentación e de transporte escolar)

 

 

 

 

 

 

Feliz comezo de curso!

 

 

 

 

 

Nota informativa da ANPA

Nota informativa da ANPA do IES San Paio sobre libros de texto e reunións. Podes ler aquí.

Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es