Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Documentación

CIUG - INFORMACIÓN ABAU 2019

 

Calendario ABAU 2017 e acceso curso 2017/2018 VER

Ponderacións das materias da parte voluntaria da ABAU 2017 VER

(provisional pendente da publicación do DOGA)

 

Proceso de Admisión Curso 2020/2021

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO no IES San Paio para o curso académico 2020-2021

 

 

NORMATIVA REGULADORA

O procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos regúlase no Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26-12-2012), que desenvolve a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15-03-2013) modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro de 2017).

 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES CURSO 2020/21

oferta

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA E DE ADMISIÓN

 

O alumnado pode obter a praza no Instituto de dúas maneiras distintas:

a) Reserva de Praza: O alumnado que xa está no IES San Paio ten garantida a súa permanencia nel sen necesidade de solicitar reserva de praza cada ano.O alumnado dos colexios adscritos ten que presentar a solicitude de reserva de praza entre o 1 e o 17 de febreiro.

b) Solicitude de Admisión: O alumnado procedente doutros centros ou de colexios non adscritos ten que presentar a solicitude de admisión entre o 1 e o 23 de marzo (ambos os dous inclusive) si as solicitudes son presentadas de forma presencial, por ser declarado o día 20 de marzo non lectivo do centro, e do 1 ao 20 de marzo (ambos os dous inclusive) si se presentan a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A presentación da documentación ten carácter voluntario, e a non presentación da documentación dalgún dos criterios suporá a renuncia a ser baremado no criterio correspondente.

 

Pode facerse a man, cubrindo o seguinte impreso: Galego    Castelán


Pode cubrirse o formulario na aplicación admisiónalumnado  a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.
  • Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 NOVIDADES NO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

1. Consideración de solicitudes fora de prazo e extraordinarias:

Punto 1, epígrafe d): "As instancias presentadas entre o 21 de marzo e o último día do prazo ordinario de matrícula segundo a etapa na que solicita a escolarización, serán consideradas fóra de prazo".

Punto 9, epígrafe a): "Aos efectos de tramitar as correspondentes solicitudes que poidan presentarse, enténdese que o proceso extraordinario de escolarización iníciase a partir do día seguinte ao do remate do prazo de matrícula ordinaria establecido para a correspondente etapa e remata ao final do curso 2018/19."

Por tanto, soamente se poden presentar solicitudes fora de prazo ata o 10 de xullo (ESO e Bacharelato). As presentadas con posterioridade a eses días serán consideradas como extraordinarias e terán que axustarse á casuística establecida no capítulo VII da orde de 12 de marzo de 2013.


 

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS PARA A ADMISIÓN

 

Se houbese máis solicitudes de admisión que prazas, abriríase un prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo do 26 de marzo ao 16 de abril.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS. TRANSPORTE ESCOLAR

 

Os alumnos que vivan a máis de 2 km do centro, na súa área de influenza, teñen un servizo de transporte escolar gratuíto mentres estean escolarizados na ESO. O alumnado que obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, segundo as áreas de influenza, non terá dereito a este servizo complementario. O alumnado que curse bacharelato pode solicitar unha autorización para o uso do transporte escolar gratuíto sempre que viva na área de influenza do centro e existan prazas vacantes no autobús. O Instituto ten catro itinerarios que cobren as áreas de influenza adscritas ao noso centro: O Seixal-Eirado-Circos-Frinxo-Virxe do Camiño-Magnolia Randufe-Cruceiro do Monte-Randufe colexio-Randufe cruz San Martiño-Gaios-Anta abaixo-Anta arriba-Regueiro-Toxeira-Cruce Sobrada-Vilapouca Marco-Sambade-Cruz-Devesa abaixo-Igrexa Malvas-Devesa arriba-Paderne-Vilanova-Fonteseca-Souto-Rotonda-Parador

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

 

Reserva de praza nos centros adscritos: do 1 ao 17 de febreiro.

Publicación de vacantes e información sobre o proceso de admisión: antes do 1 de marzo.

Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 23 de marzo (ambos inclusive) as solicitudes presenciais, e do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) as solicitudes na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 26 de marzo ao 16 de abril.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril. Poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Unha vez aprobado o curso, quedará aberto o prazo para facer a matrícula no Instituto entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (ESO e BACHARELATO). Hai que cubrir o impreso de matrícula que se facilita na secretaría do Instituto e entregar a documentación que se solicita no mesmo impreso. 

 

DUPLICIDADE DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Segundo o artigo 13 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, lémbrase que:

1º SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SE SOLICITA PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR. A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA SOLICITUDE NUN MESMO CENTRO, ANULA A PRIMEIRA.

2º O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ÁREA DE INFLUENZA DO CENTRO

PARA ESO E BACHARELATO

A área de influenza do centro é a que corresponde aos CEIP adscritos: casco urbano e parroquias de Randufe, Pazos de Reis, Areas, Pexegueiro e Malvas (tamén Rebordáns ata a Virxe do Camiño). En bacharelato, todos os alumnos do Concello teñen a mesma puntuación cando opten a prazas de admisión.

 

CENTROS ADSCRITOS

 

Os catro centros adscritos ao IES San Paio son: CEIP Nº 1, CEIP Nº 2, CEIP de Randufe e CEIP de Pazos de Reis.

 

DescargarÁreas de influencia, a efectos de escolarización, do Concello de Tui


 

AVISO IMPORTANTE ALUMNADO  PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS.

RESERVA CURSO 2020-2021

Logo de determinar que o número de solicitudes de reserva recibidas é superior o número de prazas ofertadas polo centro, informamos que todo este alumnado deberá presentar a solicitude de admisión no noso centro do 1 ao 23 de marzo, ambos inclusive, ou do 1 ao 20 de marzo a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-21

  Admitidos                            Non admitidos

 

 

 LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-21

                                 Admitidos                          Non admitidos

 

Artigo 32: Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas; recurso de alzada ou reclamación.

 

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación.

A resolución a persosa titular da xefatura territorial porá fin a vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente que contra a mesma cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.

 

 

A Dirección

 

 

 

 

 

 

 

Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2016/2017

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2016-2017

 

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
1º BACHARELATO 2º BACHARELATO    
Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es