Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Profesorado

A Historia de España de 2BAC en podcast: entrevista a Miguel Abraira na Radio Municipal de Tui

"Somos Historia" é o título da serie de podcast na que o noso profesor, Miguel Abraira, explica toda a Historia de España. Faino en episodios de entre dez e quince minutos, enfocándoo especialmente a todo o alumnado de 2º de Bacharelato de Galicia, pois os episodios coinciden coas posibles preguntas que fixa a CIUG para as probas de Selectividade ou ABAU nesa materia; pero o ton coloquial, sinxelo e didáctico fai que a serie poida ser amena e útil para calquera persoa interesada en coñecer, lembrar ou aprender un pouco máis da apaixoante e ás veces tráxica e desesperante Historia de España.

Aquí tedes a ligazón á entrevista: https://www.ivoox.com/48555857

E aquí, a ligazón á serie de podcast "Somos Historia": https://open.spotify.com/show/3czrAFAybse4LKgeeXZzp6 ou tamén en https://anchor.fm/miguelabraira.

Entrevista na Radio Municipal de Tui: Proxecto Erasmus+ CHIPRE E FRANCIA

Dúas novas mobilidades (Chipre e Francia) presentadas na Radio Muncipal de Tui. Preme para coñecer máis a noticia:

Guía para o profesorado: Publicar contidos na web do centro

Dende aquí podes descargar unha pequena guía, cos pasos a seguir se queremos publicar algún tipo de contido na páxina do noso departamento. Está actualizado para a versión 6.28 de Drupal, que é a que temos actualmente instalada. (Maio de 2017)

 

DescargarGuía para o profesorado

 

 

Manual para o profesorado

Dende aquí podes descargar un pequeno manual de como publicar contidos en Drupal, imaxes, documentos adxuntos, vídeos...

Manual para o profesorado

 

Video titorial da galería de imaxes Copermine

Aquí podes ver un vídeo titorial con que aprenderás a crear unha nova categoría de fotografías, albumes nela e a engadirlle imaxes. Desfruta del.

 

 

Video titorial de ISSUU

 

Aquí tedes un pequeno video titorial para subir un documento pdf ao Issuu e incluílo na nosa páxina do IES San Paio.

 

Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es