![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Bolsas e axudas
Ligazóns
Bolsas, Axudas e Premios. Portal Educativo da Consellería de Educación.
Bolsas, Axudas e Subvencións para estudar na Educación Secundaria Obrigatoria. Portal do Ministerio de Educación.
Bolsas, Axudas e Premios para alumnado de Bacharelato Portal do Ministerio de Educación
AXUDASLE: publicadas as listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes
Adxúntase o oficio de remisión correspondente ao disposto no artigo 15.3 daOrde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria:
Así mesmo, as listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria ( http://www.edu.xunta.es/axudasle ).
RESOLUCIÓN Bolsas e bolsas para estudantes nos niveis de post-obrigatoria. (Bacharelato)
Resolución da convocatoria 2016 - 2017
Data de publicación na web: 2017/03/05
O prazo para a presentación de recurso de reposición por parte do alumnado comenza o 4 de maio e remata o 5 de xuño de 2017.
RESOLUCIÓN Bolsas e bolsas para estudantes con necesidades educativas específicas
Fecha de publicación en la web: 03-05-2017
O prazo para a presentación de recurso de reposición por parte do alumnado comenza o 4 de maio e remata o 5 de xuño de 2017.
Listaxes de admitidos/Non admitidos - Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017 - Axudasle
Neste enlace podedes, consultar as listaxes de admitidos ou non, correspodente ás axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017)
Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017
-
O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)
-
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
Publicada a LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO (1º e 3º ESO) do Fondo Solidario da Xunta de Galicia.
Publicada a listaxe inicial coa
adxudicación definitiva de libros de texto
pertencentes ao Fondo Solidario de Libros da Xunta de Galicia.
O alumnado de 1º e 3º de ESO recibirá todos os libros que aparecen no seu apartado, incluídos os manuscritos. Estes últimos teñen que ser mercados polo centro.
A data de entrega dependerá de cando estean dispoñibles todos os libros e para todo o alumnado beneficiario. En canto sexa posible, será comunicada ao alumnado e ás familias e publicarase na web do Instituto.
DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO - ALUMANDO DE E.S.O.
Para todo o alumnado que teña libros emprestados (2º e 4º de ESO) ou libros comprados a conta do Vale da Axudas de Libros de texto da Xunta de Galicia (1º e 3º de ESO):
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO:
MÉRCORES 7
na Biblioteca II
1º e 2º de ESO: ás 10.00 h.
3º e 4º de ESO: ás 11.00 h.
IMPORTANTE: Recordamos que as persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán como obriga a devolución dos libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/16. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2016/17.
Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo - MEC
Prazo para solicitudes das Bolsas e Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo - MEC:
dende o 08 de agosto de 2016 ata o 29 de septembro de 2016
Toda a información e formulario de solicitude premendo aquí:
AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR: Entrega de vales
Os vales para as AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO (2º e 4º de ESO) e de MATERIAL ESCOLAR (todos os niveis de ESO) entregaránse entre:
MARTES 26 DE XULLO e O 19 DE AGOSTO (a.i.)
- Para recibir o/s vale/s, o/a alumno/a deberá ter feita a matrícula para o curso 2016/17 e ter devoltos todos os libros do curso anterior.
- Os vales só se poderán entregar á persoa solicitante da axuda presentando o seu DNI.
