Skip to Content

Noventa anos con Miguel Delibes

A piques de cumprir os noventa anos déixanos Miguel Delibes, nun día de marzo ao igual que o protagonista da súa novela Cinco horas con Mario. A literatura española, en xeral,  e a narrativa da postguerra, en particular, perden a un dos seus máis senlleiros cultivadores.


Hoxe finou o pai de Daniel el Mochuelo e Camila la Lepórida, de la Régula e Azarías, de Malvino e doña Resu, de Vítora e Quico, de Cipriano Salcedo e Catalina de Bustamante... Eles e tódolos demais protagonistas da súa vasta obra están de loito, nós unímonos a este loito tentando coñecer un pouco mellor a obra deste vallisoletano universal.


É proverbio latino: as verbas voan, o escrito permanece. Delibes, ao longo da súa vida, usou millóns de verbas, moitas voaron (igual que hoxe a súa existencia corporal) pero milleiros e milleiros delas fixéronse carne nos seus libros e habitan nas bibliotecas (na nosa tamén) e fan inmortal ao escritor. Aproveitemos o seu legado lendo algúns dos seus textos; no instituto atoparedes: La sombra del ciprés es alargada, El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, El príncipe destronado, Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris.


Descanse en paz Miguel Delibes!

Delibes co seu inseparable xornal

A triste nova no Xornal de Galicia. Especial sobre Delibes no xornal El País

Un pequeno vídeo sobre o novelista:

 

Onde a Galipedia fala de Miguel Delibes
 
Miguel Delibes nos últimos tempos
 Delibes no Centro Virtual Cervantes.

Portadas dalgunhas das súas novelas

 Todos os capítulos da serie de RTVE "El Camino" ao teu dispor aquí.

 Fragmentos da película "Los Santos inocentes":

 

 

 



page | by Dr. Radut