Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Programa ConCiencia

O programa "ConCiencia" é unha iniciativa de divulgación científica da Universidade de Santiago e o Consorcio de Santiago, que se artella en base á visita a Galicia de Premios Nobel

                  http://www.usc.es/conciencia

Entre as múltiples actividades que desenvolven hai conferencias abertas ao público.

Neste ano 2009 o Programa ConCiencia chega á súa cuarta edición, e en poucos días recibe a un novo invitado:

____________________________________________________________________

 Roger D. KORNBERG

 Premio Nobel de Química 2006

  "polos seus estudos das bases moleculares da transcrición eucariota"

http://www.usc.es/gl/cursos/conciencia/kornberg09.html
 Cartel

                

O Prof. Kornberg é fillo de Arthur Kornberg, que compartiu en 1959 o Premio Nobel de Medicina con Severo Ochoa.

O acto central da súa visita será o seguinte:

      Conferencia: "Ciencia básica, a esperanza do progreso"

      Lugar: TEATRO PRINCIPAL (Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela)

                Día: LUNS 15 de xuño

                Hora: 20:00

NOTAS:
-con tradución simultánea
-entrada libre; apertura de portas media hora antes do comezo do acto

 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es