Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Confinamento COVID-19. Alumnado Miguel Abraira 2BAC C e D

Durante estes días de confinamento na casa pola COVID-19, usaremos as vías habituais para traballar a materia:

  1. Aula Virtual do IES, onde temos apuntes en versión composición, apuntes en versión longa e ligazóns a vídeos documentais relacionados cos contidos. Deixareivos tamén actividades de repaso como roscos tipo "pasapalabra", cuestionarios, etc. Trátase de que vaiades probando o voso nivel de comprensión e facilitando a aprendizaxe.
  2. Podcast "Somos Historia", onde seguiremos explicando a materia, sempre de xeito secuenciado e ligado ás posibles preguntas que vos poden caer.
  3. Podedes contactar comigo, para calquera dúbida ou suxestión, a través do correo miguelabraira@edu.xunta.es ou da conta de Instagram @miguelabraira

Moito ánimo, impoñédevos unha rutina sana e actuade con responsabilidade.

 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es