Skip to Content

Os nosos CDR en acción!

Neste último venres de febreiro celebramos por adiantado o día de Rosalía cunha lectura pública, polas distintas aulas, dalgúns dos textos propostos no Manifesto da AELG, redactado por Ana Romaní.

Oito alumn@s de 1º da ESO integrantes dos nosos particulares CDR (Comités de Rosalía) puxeron a súa voz para manifestar que a poeta de Padrón escribiu contra os grillóns da escravitude do seu tempo e de todos os tempos,  Libre o seu pensamento para denunciar  o espolio, as violacións,  a inxustiza social, os desafiuzamentos, o abuso laboral, os éxodos... porque Rosalía existe máis aló de señardades e mexericadas.                     

  



page | by Dr. Radut