CONTO
Era Galicia un puro val ou oco de densidade verde e fume morno. Era Galicia a chaira máis espida, inerte néboa sobre illó de lodo.
Era Galicia esguío vento agudo encrequenando en si tódalas cousas. Era Galicia un arbre lentamente ensumíndose un pouco cada hora.
Era Galicia cen avós de terra sen vengar, mudos ecos que nos moven. Era Galicia un mar perfectamente denso, sen luz e con sabor a homes.
Era Galicia a patria do traballo de nunca terminar, pola boroa. Era Galicia un home sen cabeza. Era unha vez Galicia, espranza angosta.
Xosé Luís Méndez Ferrín
|
 |