Skip to Content

Moitas culturas, unha historia

cartelNesta edición os Emiratos Árabes Unidos da man da escritora Marwa Al Aqroubi e da ilustradora Nasim Abaeian son os responsables do cartel que aparece sobre estas liñas e da mensaxe que recollemos de seguido. Elas pregonan as bondades dos libros e as lecturas entre as xeracións máis novas.

 

Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores                                          
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia.

 

Marwa Al Aqroubi  Nasim Abaeian
                          Marwa Al Aqroubi
Nasim Abaeian
Se premes aquí tes un breve folleto informativo en inglés sobre ambas.


page | by Dr. Radut