Marzo 2020

Un poema ao río e á ponte

Fragmentos do poema "A ponte" do granadino Manuel Benítez Carrasco (1922-1999) para festexar neste día ao río e á ponte:

Que mansa pena me dá!
A ponte sempre queda e a auga sempre se vai.

O río é andar, andar
cara ao descoñecido;
ir entre beiras vencido
e por vencido, chorar.
O río é pasar, pasar
e ver todo de pasada;
nacer na madrugada
dun manancial transparente
e morrer tristemente
sobre unha area salgada.
A ponte é como cravar
vontade e fundamento;
ser pedra no aire ao vento,
ver pasar e non pasar.

A ponte é como
cruzar augas que van de vencida;
é darlle a despedida
á vida e á morte
e quedar firme e forte
sobre a morte e a vida.
Espello teñen e feitura
o meu espírito e a miña fraqueza,
nesta ponte, firmeza,
e neste río, amargura.

https://www.poetasandaluces.com/poema/2207/

O coronavirus e a vella Ponte Internacional

Hoxe fai cento trinta e catro anos foi inaugurada a nosa vella ponte internacional.

Aquí, onde o pai Miño separa as terras galegas das súas irmáns lusas a ponte de ferro, deseñada por Pelayo Mancebo, monopolizou durante moito tempo o vínculo de unión entre dos pobos, vencello que hoxe comparte con outras pontes e novos medios de comunicación.

Longa vida a unha ponte que xa é unha icona da nosa cidade!

Neste aniversario, diante das extraordinarias circunstancias que estamos a vivir os minhotos de ámbalas dúas beiras, a ponte permanece pechada; oxalá pronto o que o home uniu, non o separe o coronavirus!

 

 

  

 

 

Coñece información sobre esta ponte e a súa construción neste enlace: http://tudensia.blogspot.com/2020/03/o-proceso-de-construcion-da-ponte.html

30 cabodano

O 25 de marzo de 1990 Ricardo Carvalho Calero deixaba Compostela camiño da eternidade dos bos e xenerosos. Lembramos esta data cuns versos seus de Cantigas de amigo e outros poemas:

Administrar o capital do nosso destino,carvalho
é umha forma de viver.
Querer trocar a moeda do nosso destino
é umha forma de morrer.
Aquilo é próprio de ti,
isto de mim.
Vive, pois, Phoénix, a tua vida,
mentres eu morro a minha morte.
Hai un além que se chama autenticidade,
onde, se cadra, a tua vida e a minha morte
convergirám, como paralelas no infinito.              

 

Efeméride histórica en tempo de pandemia

En medio deste encerro non deixemos pasar esta efeméride: nun día como hoxe, o 24 de marzo de 1.170 (cúmprense 850 anos), o rei Fernando II concede a Tui e aos seus habitantes diversos privilexios e reordena o espazo territorial da cidade, unha decisión que incidiu de xeito decisivo no devir histórico da nosa cidade.

No blog Tudensia tendes información sobre o contexto histórico e o contido deste documento que se custodia no arquivo histórico-diocesano de Tui:

http://tudensia.blogspot.com/2020/03/viii-kalendas-aprili-24-de-marzo-850.html

 

RETO POÉTICO: 21 de marzo DÍA DA POESÍA

BiblioSanPaio non para porque pensamos que non hai mellor cousa que as neuronas se divirtanGuay, sobre todo nestes días tan estrañosIndeciso

E non todo van ser deberes e tarefas de materias sen fin porque o 21 xa está aquí, e é o DÍA DA POESÍA RisaGuiñopolo que témolo que festexar.

Velaquí un RETOPOÉTICO.Beso

Encantaríamos encher as redes de poesía e lírica e que sexamos nós os protagonistas.

Valo perder? 

 

⛔️aburrirse!

 


 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer