Marzo 2017

Marzo 2017

Mujeres

Mujer, ser en tensión y en posibilidad
Ser de carne, hueso y novedad, eso eres, eso soy, una mujer en libertad.
Mujer en la lluvia y en el sol, en el frio y en el amor,
Mujeres de risa y de llanto, de rabia y pasión
Mujer en la muerte y el dolor, mujer en la vida y la razón
Mujeres en cada segundo en cada rincón
Mujer de silencios y miedos,
De vidas y cuentos.jhoana
Mujeres en las luchas, en las revueltas y las protestas
En los caminos, en la guerra y en la paz
Mujeres seres del viento y de la mar
Mujeres de manos y de palabras
De falda y pantalón, de casa y de computador.
Mujeres de calle, de patio y soledad,
Mujeres de hijos y sin ellos,
Mujer, eso soy, eso eres, mujer un ser de posibilidad.



Jhoana Patiño López  (Colombia, in Ébano, 2010)

Marzo 2017

condeChovida do ceo

de

Alfredo Conde

 

Novela negra protagonizada por Salorio, un comisario escéptico e cunha vida privada moi complicada, encargado da investigación da morte dunha moza cuxo cadáver espido apareceu na praza da Quintana.

Nunha cidade moi marcada pola súa historia e cunha forte influencia relixiosa, o noso inspector tamén terá que ocuparse da desaparición da xoia do patrimonio artístico catedralicio: o Codex Calixtinus.

Na novela ten un destacado protagonismo a Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo, congregación pseudorelixiosa que enche páxinas de crónicas xudiciais nos medios de comunicación e que tamén na creación literaria aparece involucrada en escuros sucesos de corrupción acontecidos na catedral compostelá, se cadra ficción e realidade son simple coincidencia.

 

    Porén, a Salorio non lle quedou máis remedio que admitir que, se non pediu o refrescante vasochovida do ceo de auga foi por temor a calquera substancia vertida no mesmo, un anestésico, un laxante de efecto demoledor e fulminante, calquera outra apócema que a atravesada muller dos seus soños puidese ter nas circunstancias polas que estaban pasando; calquera cousa que se lle ocorrese, algo ó que era moi dada e que resultaba evidente que soubera transmitirlles ós seus filliños queridos, o piloto afeccionado e a muller con can Cocker e serpe pitón amorosamente entrelazados no asento posterior do coche; xa que logo, abstívose. Cando viu no primeiro relanzo das escaleiras, murmurou:
    -Ben! Moi ben, non te preocupes, xa me vou! Collo o cepillo dos dentes...
    A frase do comisario foi interrompida por unha exclamación seguida dunha pregunta e mais dun envío envelenado.
   -O cepillo dos dentes? Toma, a ver se che rompen e non o necesitas! -respondeulle Euloxia a berros.
    A  Andrés só lle deu tempo a apartar a cabeza  de modo instintivo. Unha sombra fugaz, a dunha puída bóla de mármore que coroaba unha consola, situada xusto a carón da porta de entrada do domicilio que nese momento temeu que deixara de ser conxugal, pasou rozándolle a tempa esquerda.
    O ruído que provocou a bóla, ó facer unha inmensa carambola a tres paredes e escachar un espello colocado polos veciños do piso inferior, nun alarde de xenerosidade, xusto no medio e medio do relanzo de entrada da súa casa, aconselloulle baixar a correr e abandonar o campo de batalla canto antes, sen atreverse a...

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer