Marzo 2010

Abril 2010

Xenaro e o misterio da mochila verde
de

Mar Guerra
Resulta que levaba almacenando obxectos na mochila verde desde moito antes de chegar ao Universal. A colección resultaba impresionante. Atopáronlle moreas de cousas raras: trastes, xoguetes, caixas, plásticos, pezas de roupa… Dentro do saco verde había  un pouco de todo, incluídas varias bolsas de pipas e garapiñadas. Iso si, cousas de escaso valor, ou rotas ou inservibles; bagatelas, trangalladas.
 
Un rapaz andaluz, Antonio, chega novo ao colexio onde estuda Xenaro Conese Maiúsculo e leva sempre unha gran mochila verde ás costas. Esa mochila desperta a curiosidade de Xenaro  e dos seus amigos que fan de detectives para resolver, entre outros, o misterio da mochila verde.

Abril 2010

No centenario do seu nacemento escollemos uns versos de Miguel Hernández (1910-1942):

 

Pirotécnicos pórticos de azahares,
que glorificarán los ruy-señores
pronto con sus noctámbulos ardores,
conciertan los amargos limonares.


Entusiasman los aires de cantares
fervorosos y alados contramores,
y el giratorio mundo va a mayores
por arboledas, campos y lugares.


La sangre está llegando a su apogeo
en torno a las criaturas, como palma
de ansia y de garganta inagotable.


¡Oh, primavera verde de deseo,
qué martirio tu vista dulce y alma
para quien anda solo y miserable!

 

 

Para saber máis sobre o poeta 

Día Internacional do Teatro

 

Talía e Melpómene, musas da comedia e da traxedia
 
 
O 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro, un momento axeitado para falar do teatro, en particular, como creación literaria interactiva e social e da cultura, en xeral, como motor económico nestes tempos de crise. Vexamos o que nos dí María Xosé Queizán, autora do:

MANIFESTO GALEGO DO DIA INTERNACIONAL DO TEATRO

Moitas persoas non poderíamos vivir sen a cultura, sen o coñecemento e o pracer que nos facilita a lectura, o teatro, a música, o cine...Pero, ademais sabemos por fiables e recentes estudos que a cultura en Galiza xera un PIB de case un 2%, está por riba do sector téxtil, do naval e do químico. É, daquela, tamén un ben económico, un sector productivo. As Institucións e as Autoridades, pois, ademais de estaren interesadas polo fomento da cultura no país, saben que é un sector estratéxico que crea riqueza. Son conscientes de este importante e amplo valor.

Entre as que máis progresaron ultimamente están as artes escénicas. O público asiste cada vez máis ao teatro confirmando as ansias de participación cívica. O teatro é un xénero político por excelencia, e leva a cabo unha actividade pública que mantén o compromiso coa realidade. Unha arte na que o proxecto é imprescindible. Para facer teatro é preciso ter unha historia, un conflicto, uns personaxes e un método sistemático para desenvolver a trama. Achegase máis que outros xéneros a un traballo científico.

Na comunicación directa co público é necesaria a comprensión. O teatro é a escola do mundo moral, ten unha gran responsabilidade ética. No escenario créase tensión, hai conflictos como na vida mesma. Ten carácter dialéctico, orixina unha oposición discrepante, un debate de ideas e de comportamentos.

Na acción escénica hai necesariamente movemento. O escenario é o espacio de aparición. Os personaxes son axentes transformadores que fan pensar en común ao público asistente, unido polos mesmos criterios e acontecementos. O teatro é público e move a conciencia colectiva, ten un carácter interactivo. Non é unha arte que se goce individualmente. É unha vibración común e pública. No teatro únese pensamento e acción; política e liberdade.

Velaí, clan do teatro, amigas e amigos do teatro, o gran papel que tendes nas vosas mans, nesta sociedade que tanta necesidade ten de acción, de progreso e de transgresión.

 

E xa que estamos en Tui, á beira do Miño, e xa que Caldelas pertence ao concello de Tui, lembremos neste día a que pasa por ser a primeira obra teatral escrita en galego: A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca no río Miño de Gabriel Feixoo de Araúxo (ano 1671): para o texto completo seguide este enlace.

E fagamos votos para que o noso Teatro Principal, un dos teatros históricos galegos, deixe de ser unha lamentable ruína e, reconstruído, recupere esplendores pasados!

         

Quen te viu e quen te ve!

SÓCRATES RESUCITA EN TUI

 ...formou un home do po da terra (Xénese, 2, 7)
 
As mans dun grupo de alumnos, orientados polos seus profesores de debuxo e asistidos polo artista local Rosendo, comezaron a modelar en barro o busto de Sócrates que, pétreo, presidirá un xardín tudense.

Un anterior busto socrático presidira o mesmo lugar nos meses previos á última Guerra Civil española.

Unha das consecuencias daquela barbarie foi o afundimento do citado busto no río Miño.

Hoxe, setenta e cinco anos despois, queremos ser humildes émulos do que fixeron en 1936 outro grupo de alumnos deste mesmo instituto de Tui, dirixidos polo seu profesor de debuxo e modelado Benito Prieto Coussent.

A todos eles, discípulos e mestre, a mellor homenaxe que podemos ofrecer é esta: volver o busto de Sócrates ao pedestal do que endexamais debeu ser arrincado; e imos conseguilo: a tarefa comezou.

   

 

  

Coas mans no barro

E para coñecer mellor a relación de Sócrates e Tui grazas a Benito Prieto:

 

Con P de Poesía e de Primavera

Cando o calendario estacional inicia a primavera tamén celebramos o

Día da Poesía.

mientras haya en el mundo primavera,
¡habrá poesía!

escribiu Bécquer quen tamén dixo:

podrá no haber poetas; pero siempre
habrá poesía.

Porque os tempos da primavera son chegados,

porque podemos non ser poetas

mais sempre hai poesía

presentamos esta pequena escolma para festexar o Día da Poesía

lendo, comentando, recitando ou

falando de Poesía.

 Alegoría da Poesía de Cesare Ripa

 

Primavera de Botticelli, Galería Uffizi , Florencia

 

I

     (Primavera)

A libélula
ascende, desce, ascende
e desaparece.

 

(Xavier Seoane, Na póla branca)
   

Noventa anos con Miguel Delibes

A piques de cumprir os noventa anos déixanos Miguel Delibes, nun día de marzo ao igual que o protagonista da súa novela Cinco horas con Mario. A literatura española, en xeral,  e a narrativa da postguerra, en particular, perden a un dos seus máis senlleiros cultivadores.


Hoxe finou o pai de Daniel el Mochuelo e Camila la Lepórida, de la Régula e Azarías, de Malvino e doña Resu, de Vítora e Quico, de Cipriano Salcedo e Catalina de Bustamante... Eles e tódolos demais protagonistas da súa vasta obra están de loito, nós unímonos a este loito tentando coñecer un pouco mellor a obra deste vallisoletano universal.


É proverbio latino: as verbas voan, o escrito permanece. Delibes, ao longo da súa vida, usou millóns de verbas, moitas voaron (igual que hoxe a súa existencia corporal) pero milleiros e milleiros delas fixéronse carne nos seus libros e habitan nas bibliotecas (na nosa tamén) e fan inmortal ao escritor. Aproveitemos o seu legado lendo algúns dos seus textos; no instituto atoparedes: La sombra del ciprés es alargada, El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, El príncipe destronado, Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris.


Descanse en paz Miguel Delibes!

Delibes co seu inseparable xornal

A triste nova no Xornal de Galicia. Especial sobre Delibes no xornal El País

Un pequeno vídeo sobre o novelista:

 

Onde a Galipedia fala de Miguel Delibes
 
Miguel Delibes nos últimos tempos
 Delibes no Centro Virtual Cervantes.

Portadas dalgunhas das súas novelas

 Todos os capítulos da serie de RTVE "El Camino" ao teu dispor aquí.

 Fragmentos da película "Los Santos inocentes":

 

 

 

Día Internacional da Muller

Lembramos a data do 8 de marzo presentando unha pequena mostra de traballos feitos polas bibliotecas escolares galegas.

 O IES "Río Cabe" achéganos este cartel:

 O CEIP Progreso de Catoira oferta unha mostra didáctica sobre mulleres científicas ao longo da historia que podedes ver nesta presentación.

 O blog trafegandoronseis, nunha entrada do 15/04/09, presenta o portal Escritoras españolas dentro da biblioteca virtual Cervantes.

A UIMP suministra o interesante título: Mulleres que fixeron historia

Tamén atoparedes moita  información sobre a efeméride de hoxe neste enlace

 Xa que estamos no Ano do Libro e da Lectura en Galicia cómpre salientar  esta presentación (aínda que con algúns erros) sobre Mulleres e Lectura

 
 Moitas mulleres no mundo non poden celebrar o 8 de marzo, un exemplo témolo en Afganistán. Loitemos coas armas da cultura e da palabra para que as mulleres de todo o mundo vexan recoñecidos e respectados, en igualdade cos varóns, os seus dereitos!

Inspírate nos camiños

 vías tren
 BASES

1. OBXECTIVO: Crear unha ilustración, fotografía, fotomontaxe... que inclúa un breve texto literario (escena teatral, poema, conto, capítulo dunha novela...) sobre os camiños.
2. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.
3. O deseño será orixinal e inédito.
4. Cada concursante poderá presentar un máximo de tres traballos.
5. As ilustracións, fotografías, fotomontaxes  deberán realizarse en cartolina de formato A4: 21 x 29 cm. Tamén poderán presentarse en formato electrónico gardados nun CD ou disquete e nun arquivo JPG.
6. O procedemento será libre: ceras, lapis, tinta, acuarela, colaxe (recortes de revistas ou prensa, textos, papeis de cor...) fotografía, infografía (ordenador)... Pódense mesturar os diferentes procedementos e técnicas para xerar a imaxe final en branco e negro ou en cor.
7. O Departamento de Debuxo e Educación Plástica e Visual ofrece asesoramento aos concursantes para o mellor remate das obras.
8. Será obrigatorio facilitar os datos (autor, título da obra, editorial, páxina ou páxinas...) do texto literario (escena teatral, poema, conto, capítulo dunha novela...) e/ou da escena, lugar... no que inspira a ilustración, fotografía, fotomontaxe, etc.
9. Valoraranse estes aspectos: relación co texto, orixinalidade e calidade na resolución gráfica e na presentación.
10. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado identificarase o participante: apelidos, nome, curso e grupo.
11. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do luns, 1 de marzo ao luns 19 de abril de 2010, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.
12. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por catro membros representantes do equipo directivo, do Departamento de Educación Plástica e Visual e do equipo de Biblioteca.
13. PREMIOS: haberá un primeiro premio valorado en 70 Euros e un accésit valorado en 30 Euros, que poderían quedar desertos.
14. O/os traballo/os premiado/os quedarán depositados no Instituto e poderán ser utilizados por este sen ánimo de lucro.
15. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

Marzo 2010

 

     ¿Quién es ella?
de
    Jerry Spinelli
     Durante todo el día, ella formaba parte de mi vida. Notaba sus movimientos, su presencia en cualquier parte del edificio. Entre clase y clase, no hacía falta verla por los pasillos, sabía que estaba ahí: oculta entre la masa de gente, mostrándome el camino, a punto de doblar una esquina cinco clases más adelante. Su sonrisa me guiaba. Cuando estábamos juntos, los estudiantes a nuestro alrededor empezaban a cuchichear. Estábamos profundamente solos. Caminábamos, sonreíamos, nos mirábamos a los ojos, y no había paredes ni techo; éramos dos personas en un universo de espacio y estrellas.
     Y entonces, un día...  

 

spinellinovela marzo

 

 

     Nun instituto de ensino secundario de Arizona os alumnos levan unha existencia moi parecida mais a chegada dunha nova compañeira, unha rapaza extravagante e inmune as críticas dos demais,  remata coa monotonía escolar e social reinante. Ela, enfundada nun vestido amarelo limón,  busca chamar á atención: sempre viaxa coa súa mascota Cinnamon (un rato), nos partidos de baloncesto anima do mesmo xeito ao equipo do cole e ao rival... Os seus compañeiros pretenden esquivala agás Leo que chega a namorarse dela.


 

Marzo 2010

MARZO


MARZO de frescura, o voo prateado da sombra.
Exhalación dun astro brillando detrás da sede,
detrás dos ollos que penetran a luz dentro dos ollos,
no íntimo asombro, nesa queimadura de auga
que bebe o ceo.

Marzo de frescura, fulgor verde, labio de fonte arborecida,
ancha saúde do ar. Como un río de espellos
ferve o perfil do día, a raíz invisíbel do tempo.

Marzo, ¡sabor a seiva, sabor a estrela fría!

Nas aldeas do norte o vento é de sal e de arxila.
Aí a primeira febre da claridade morde o pan da mañá,
a carne da árbore, ese aroma novo no sangue
cando entra o sol no froito e treme o corazón.

Marzo delgado e duro, por dentro un eco de brancura e de chuvia,
un mar que vén polos campos: lámina constelada
de flor e néboa. Marzo de albas xeadas
antes da luz que cega o centro da auga.

Entre o incendio frío e a seda azul do vento,
Marzo de ardente gume onde a sombra do inverno
morre extasiada, vencida polo fogo dos días.

Miguel Anxo Fernán Vello (1958- )
 
fernán vello

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer