Skip to Content

NOVAS LINGUA E LITERATURA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convocan a duodécima edición de Lingua de Namorar. Este certame de declaracións de amor en galego, que busca dinamizar o seu uso entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en Internet, está destinado a persoas con idades de 14 a 35 anos e establece tres categorías, unha delas exclusiva para Instagram. A data límite de recepción das mensaxes será o 17 de marzo. Podedes consultar as bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0169/lingua-namorar-2023.

Por outra banda, no Portal da lingua galega xa está dispoñible un novo espazo dedicado a Francisco Fernández del Riego, o escritor que será homenaxeado o Día das Letras Galegas do 2023. Alén da súa biografía, poderedes atopar diversos recursos que están a elaborar nos centros educativos, entre eles os do Seminario Galán, aquí: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegasProximamente, nesta mesma pestana, tamén estarán publicadas as versións dixitais das exposicións gañadoras do Concurso convocado pola SXPL sobre o autor.

Outros materiais que vos poden ser de utilidade son:

Ti es a chave da primavera, un xogo familiar que inclúe un conto dixital e mais un amplo abano de actividades interactivas ("Dos xograres ao trap", "Un idioma para percorrer o mundo" e "Unha lingua de récords"): https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X77379/xunta-ronsel-ideas-lanzan-xogo-familiar-lsquo-chave-primaverarsquo-gallo-celebracion.

 Calcetís e Paxarín, unha serie audiovisual que consta de 10 pezas en vídeo gravadas en distintos puntos de Galicia, moi interesante para coñecer a riqueza do galego e as súas variantes dialectais: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_849/calcetis-paxarin-zumalab.

O amencer da humanidade. O primeiro poboamento de Galicia, unha exposición, un audiovisual e dúas unidades didácticas (unha para primaria e outra para secundaria), sobre a ocupación paleolítica no noso territorio: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2003/amencer-humanidade-poboamento-paleolitico-galicia.


Para rematar, informámosvos de que ata o 27 de marzo está aberto o prazo para que poidades votar en liña a mellor canción galega e portuguesa do ano 2022 en https://aritmar.gal/, dentro do proxecto aRi[t]mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, co apoio da SXPL. Como sabedes, esta iniciativa busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous territorios: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2010/aritmar-galiza-portugal-fase-votacions-mellores-musicas.

 



page | by Dr. Radut