Semana branca en Andorra 2016-17, Dto. ED Física. Actualizado 17/1/17

Semana branca 15-16 en Andorra
Denominación da actividade: Semana branca en Andorra. Completaremos ata encher o autobús con alumnado do Sánchez do nivel / niveis educativos en base as solicitudes e organización xeral do centro. Acompaña ao alumnado o profesorado do Ciclo TSAAFD.
 
Reunións 16/17 :
  • Reunión co alumnado e profesorado participante o martes 17/1/17 as 9.50 h. na biblioteca.
  • Reunión coas familias: o martes 17/1/17 as 20 h. na biblioteca: comunicar calquer necesidade de dieta específica ou medicación necesaria e aportar informe médico. Entregar os permisos de menores (ou pasaporte individual) e o impreso do convenio se todavía non o entregaron. 
  • Rifas: entreganse a partires do día 17 na vicedirección ao alumnado (hai que selar as rifas antes de levalas).

Axencia: Viaxamos este ano coa empresa Viajes Sierra de Santiago.

INFORMACIÓN E CONTACTO DURANTE A ACTIVIDADE:
Profesorado que acompañará ó alumnado: viaxa co alumnado o Director D. Eladio Otero López e o profesor José Luís Janeiro Espiñeira. Teléfono movil de contacto do instituto que levará o profesorado: 629843143, teléfono do instituto: 886159039, Email: ies.sanchez.canton@edu.xunta.es, correo de contacto organización actividade: fpc.gestion@gmail.com, Vicedirección IES Sánchez Cantón Pontevedra.

Data, horario e lugar de saída xaneiro 2017: sairemos o sábado 21/1/17 as 23 h. da Capela de San Roque. O alumnado estará as 22.30 h. para ir cargando as maletas. Todo o alumnado traerá na carteira o seu DNI e o necesario para pagar a comida do 1º día ou levar bocata e bebida e a cea do último día, así como o mínimo necesario para tomar algo durante a viaxe de volta.

Chegada na Capela de San Roque o seguinte sábado 28/1/17  pola mañán. Os alumnos avisarán  da hora de chegada ao seus pais durante a volta, aprox.  10.00 h. dependendo do tráfico e condicións climatolóxicas.   

Fianza: o alumnado entregará ao profesorado 30€ por participante en concepto de fianza que nos pide o Hotel. O alumnado será reponsable de calquer dano que ocasione e subsidiariamente os seus pais ou titores legais. Recordar que estamos fora de España e as costumes sobre o silencio nocturno e demais son máis estrictas. Tamén no comportamento en posibles horas de paseo pola tarde teremos esto en conta. A fianza devolverase o último día. 

DOCUMENTACIÓN:
Levar o DNI e a tarxeta sanitaria. Importante os participantes se acheguen as oficinas do INSS ou entidade aseguradora levando o seu DNI e mais a tarxeta sanitaria, e soliciten impreso de convenio e información sobre cobertura médica en Andorraexplicando que participará nestas datas nunha semana branca. Alumnado menor de idade debe levar permiso de menores ou pasaporte individual se o tivese. Entregar estes documentos na semana do 16 - 20/1/16 na vicedirección ou na reunión coas familias.

Obxectivos da actividade:
Aprendizaxe e perfeccionamento técnico e metodolóxico do esquí alpino e das técnicas específicas de xestión da actividades, organización, control e animación de grupos, tamén convivencia e desenvolvemento da autonomía do alumnado. 
Módulos vinculados coa actividade:
Deportes individuais, Animación, Proxecto, FOL e Xestión, tamén Ed. Física.  

Lugar: Estación de esquí de Soldeu - Tarter, estación con 80 km de pistas  que forma parte do dominio esquiable Grand Vallira. Accederemos co autobús a través do parking de El Tarter e subiremos todos os días no funicular. 
Horarios da actividade de esquí: de 9 - 17 h. de luns a venres, incluindo 2 horas diarias de clases de curso de esquí impartidos por monitores titulados pola RFEDI. Inclúese a actividade no Centro Termal de Caldea (ver videoo venres  pola tarde as 17.30 h.
Material incluido que será recollido únicamente o primeiro día de actividade:  
Esquís carving con fixacións, bastons, botas. O casco será obrigatorio para todo o grupo, indo incluido no precio para o alumnado ata 16 anos.  Levamos o Forfait soldeu - Tarter de 5 días de luns a venres para acceso aos remontes. E importante que o participante o leve sempre o forfait na cazadora nun bolsillo que teña cremalleira e non sacalo ata o último día.
Normativa:
O alumnado é responsable do material alquilado e do seu uso responsable dentro da zona balizada e nunca fora de pistaAs botas de esquí deberán ir nunha bolsa no baixo do autobús logo do remate de cada xornada de esquí. Non se pode subir con elas ó autobús. Traer unha bolsa de supermercado reciclable para o transporte ou bolsa de patíns e marcala visiblemente co nome do participante. As botas podense baixar do autobús e poden subirse as habitacions para o seu correcto secado levándoas nunha bolsa. Se as deixas no bus toda a noite estarán moi frias e molladas e serán difíciles de poñer pola manán.
Seguridade dos equipos:
Convén traer unha goma ou cinta con velcro para maner unidos os nosos esquís e bastóns para evitar que éstos se confundan ou separen do resto de equipo durante a subida e baixado de equipos do autobús. Algúns esquiadores levan algún sistema para deixar atados os seus esquís mentres están no comedor da estación. Debedes esquiar sempre dentro de pistas. Pódese contratar un seguro colectivo de equipo que se abona no alquiler.

Seguridade do esquiador: o esquiador estará cuberto dentro de pista por un seguro de accidentes. Tamén pode contratarse un seguro de material, pero os seguros son rigurosos: O esquiador debe esquiar sempre en zona de pistas, O esquiador ademáis deberá cumplir as 10 normas da Federación Internacional de esquí

Material individual aconsellado
:
Luvas para neve, gafas de sol, gafas de ventisca, camiseta térmica, forro, cazadora e pantalón ou peto axeitados para a neve, crema de protección solar e barra de protección labial. Convén levar unha braga de forro ou similar para o cuello e medias que sobrepasen a altura das botas para que éstas non lastimen. Nos enlaces veredes as fotos das actividades doutros donde veredes a indumentaria dos participantes. Para Caldea levar solamente un bañador e a muda coa roupa a utilizar na viaxe pois tras esta actividade sairemos cara pontevedra. Seguindo a normativa de Caldea, non hai que levar chanclas nin gorro de baño. Convén levar unha toalla e unha bolsiña para poñer a muda que poñeremos despois de Caldea. Antes da saída cara Pontevedra realizaremos unha parada no centro comercial / punto de Trovada de costume para a cea (por conta do participante) e últimas compras.

Material: Para levar as botas da estación ao hotel no autobús (bodega) convén levar unha bolsa tipo supermercado debidamente personalizada co voso nome para deixar nela o calzado que levamos. Para manter o equipo unido e que non caian os bastóns dos esquís e non se mezclen cos do resto iría ben levar unha goma ou velcro para mantelos unidos (voluntario).


Información complementaria: calendario e horario de actividades provisional:

O tratarse dun viaxe en grupo, os horarios de referencia son: 7.30 h hora de levantarse, almorzo as 7.50 h, saida do autobús cara ás pistas 8.30 h, horario de clases cos monitores: 10.00 - 12.00 h, comida no restaurante da estación: 13 - 14 h, horario de retorno ó autobús: 16.45 h, horario da cena: 20 - 2100 h. Estes horarios serán comuns e obrigatorios para todos os participantes. Os retrasos individuais afectan a todo o grupo. A actividade de Caldea será o venres as 17.30 h.

Hospedaxe: Na edición 16/17 iremos ao Hotel Cassany. A comida en pistas está incluida tamén no prezo e será no restaurante situado ó lado do punto de encontro para as clases salvo posibles cambios da organización. Os horarios que poñemos na información complementaria son provisionais ata a confirmación do enlace da axencia cando cheguemos a Andorra. 
As habitacións asignaranse en réximen de grupos en función da dispoñibilidade: habitacións de 2, 3, 4, 5 ou máis. Difícil saber a asignación antes de chegar alí, polo que non é posible facer asignacións previas. En caso de haber participantes externos, éstos poden solicitar a reserva dunha habitación cun suplemento se o ven conveniente. 
Durante a actividade o alumnado de 1º e 2º TSAAFD  desenvolverá prácticas de acompañamento de grupos e animación, realizando as tarefas que lle asignará o profesorado do Ciclo nas fichas de traballo que lle serán entregadas e que están dentro do perfil profesional que terán no traballo en empresas de servicios deportivos e tempo libre nas que se xestionen servicios de acompañamento de grupos escolares ou de adultos en semanas brancas.

TICKETS E FORFAIT
O participante lle serán entregados o 1º día de esquí os tickets para as comidas en pista e o forfait correspondente. A organización non se fai responsable das pérdidas ou olvido dos mesmos. Aconséllase levar esta documentación na cazadora, nun bolsillo con cremalleira e non sacala ata o último día. Convén facer unha foto ou anotar os códigos de identificación de: material (botas, esquís e bastóns) e sobre todo do forfait. Polo que é bo que o alumnado leve bolígrafo e un papel para anotar estes datos. 


NORMATIVAS:
O alumnado durante a realización das actividades respectará o contido do Regulamento de Réximen interno do centro, así como as normas e regulamentos específicos das actividades, instalacións, entidades, medios de transporte e hoteis utilizados no desenvolvemento das actividades
En caso de infracción grave das normas, o alumnado participante, será sancionado conforme ás normativas anteriores, facéndose a comunicación correspondente ás familias, vendose privado de participar nas actividades e non podendo continuar coa viaxe e téndose que facer cargo a familia dos gastos extraordinarios de viaxe de retorno e sen dereito á devolución do importe abonado para a viaxe.

Aviso xeral:
En caso de parada na que suba a autoridade policial de Andorra ó autobús, seguiremos as instruccións dos axentes e profesorado, mantendo o silencio e tendo en conta que as normativas e sancións de aplicación serán as vixentes nese país. De igual xeito, no hotel haberá un garda nocturno de seguridade que avisará á policía en caso de que sexa necesario, séndonos de aplicación a normativa deste país. Calquer desperfecto / deterioro nas habitacións será abonado polos acupantes desta. 
Inscripcións, custe e prazos no enlace correspondente:
 
SUPLEMENTOS: Forfait grand Vallira: 50€ / Snow: 35€ inclue clases e material. Aviso: o material de alquiler solamente se pode recoller o 1º día de actividade. E obrigatorio o uso de casco, estando incluido no prezo para os esquiadores ata os 16 anos. O resto o levarán ou o alquilarán no 1º día. 
 
Os suplementos serán atendidos según a dispoñibilidade que nos plantexe a axencia, non podendo garantir máis que o paquete incluido e básico para todos. Calquer actividade a maiores abonarase no momento conforme a tarifas da axencia (patinaxe, raquetas e outras que poidan acordarse co grupo.). Pode contratarse un seguro colectivo de rotura de material se así o acorda o grupo no momento de coller os equipo.
     
Última modificación: Xoves, 26 de Xaneiro do 2017, 03:09