Biblioteca. Cursos anteriores ao 2015/16

A Biblioteca do centro creouse en 1849. Algúns dos problemas que xa se sinalaban naqueles anos e que están recollidos nas actas eran, entre outros, a falta dunha persoa encargada da xestión e difusión de fondos. Era o profesorado quen asumía esas funcións no seu tempo de lecer e sen retribucións. 
Posteriormente os diferentes períodos polos que pasa o centro están fielmente reflectidos nas actas que informan da adquisición de novos exemplares. Ás veces, a biblioteca pasa por períodos florecentes nos que se adquire unha grande cantidade de volumes dos máis diversos temas, a miúdo en varios idiomas, transmitíndose a imaxe dun centro aberto onde se imparte un ensino que, aínda hoxe, parece ser avanzado e innovador. Pola contra, noutros momentos as compras redúcense drasticamente e vendo os títulos dos escasos exemplares adquiridos compróbase o marcado contraste con outras épocas máis aperturistas e enriquecedoras. A Segunda República e os primeiros anos do franquismo son, respectivamente, dous bos expoñentes das tendencias arriba citadas. 
Desde o curso 2004-2005 está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, o que supón sen dúbida un cambio substancial en todos os aspectos.  
Biblioteca do IES Sánchez Cantón foi, desde entón e ata o curso 2015-2016, un referente nas Bibliotecas escolares de Galicia baixo a dirección da profesora Charo Sánchez-Gabriel. Foi merecedora de varios premios: premio da Irmandade do LibroPremio á Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Premio Nacional de Buenas Prácticas otorgado polo Ministerio de Educación y Ciencia, etc. 
A Biblioteca foi moito tempo o punto ao redor do que xirou no Instituto a Innovación educativa e a implantación das TIC (coa colaboración da profesora Marián Costa). Nesta páxina están recollidas as ligazóns a este monumental traballo coordinado por Charo Sánchez-Gabriel para que poida ser consultado en liña.

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.


Última modificación: Xoves, 14 de Xullo do 2016, 11:42