LIGA FÚTBOL SALA - PDC




Información, inscrición, normativa, calendario e resultados da liga de fútbol sala PDC 2016 - 17
Fútbol sala

Comunicacións: serán realizadas a través dos foros de comunicación ao alumnado e whatsAppp de capitáns. 
  • Reportaxes gráficas no Facebook do centro, canal IES Sánchez Cantón en YouTube e blog de Educación Física do centro deXte. Editores das reportaxes e entradas no blog: agradecemos o labor dos profesores (asignación 16-17 pendente).
  • Fotos dos equipos: Cada equipo deberá enviar a través do wasap de capitans unha foto do equipo completo, co nome do equipo nun pé de foto cos nomes dos integrantes de esquerda a dereita e de arriba abaixo para aparecer na memoria da liga deste ano. Iremos poñendo as fotos de todos os equipos cos seus nomes na páxina do blog deXte.
  • Coordinadores da liga: Agradecer a colaboración dos alumnos:Estéban Pinilla, Pablo Valiño Moreira 2°A Bach , Miguel Sineiro Barreiro 2°A Bach e Hugo Verdeal Hermida 2°B Bach.
  • Suxestións e reclamacións: Calquera reclamación ou suxestión realizarase por email ao correo de contacto fpc.gestion@gmail.com, expoñendo de xeito claro e detallado as circunstancias, feitos ocorridos e testemuñas, data do partido, equipos participantes, resultado e o nome do árbitro. As reclamacións recibidas resolveranse na vicedirección, chamando a reunión aos capitáns dos equipos, coordinadores da liga e comité de árbitros.
Última modificación: Mércores, 15 de Marzo do 2017, 13:22