Abalarmobil. Información familias

app abalarmobil
 
Teñen á súa disposición unha aplicación que lles permitirá o acceso a toda a información escolar do seu fillo/a as 24 horas do día (faltas, cualificacións, curso, grupo, titor e horario de atención).

Abonda con cargar no seu Smartphone a aplicación “AbalarMóbil”. Se está interesado/a pode informarse da súa instalación e funcionalidade no seguinte vídeo titorial ou ben no espazo Abalar na páxina da Xunta.

Na reunión de 1º ESO cos titores ao inicio do curso infórmase ás familias sobre este tema. Previamente se lles remitirá unha información co protocolo de uso dos portátiles, debendo devolver ao titor/a o resgardo asinado coa conformidade coa normativa de uso remitida a través dos seus fillos/as.

No caso dos grupos de ESO e Bach. as familias irán sendo informadas polos seus respectivos titores. En caso de atopar algÚn problema ou incidencia co sistema, a propia app ten unha opción para informar do problema.

O funcionamento do sistema esixe por tanto un nº de teléfono mÓbil de contacto das familias que deberá estar posto na folla de matrícula en secretaría e unha conexión do teléfono a internet ou conexión a través dunha wifi.

O alumnado maior de idade dos ciclos de FP impartidos no centro: Ciclo Superior TSAAFD e Ciclos Deportivos Medio e Superior de Fútbol e Balonmán tamén poden acceder á súa información académica (faltas, cualificacións, etc..) neste espazo descargando a aplicación para smartphone. Para máis información consultar co titor/a e comprobar na secretaría o nº de teléfono de contacto.
O sistema funciona a partir do momento en que os horarios están cargados no XADE e o alumnado está matriculado.
 
Pódese obter máis información sobre o Abalar Móbil nas seguintes ligazóns:
O coordinador Abalar
Última modificación: Luns, 5 de Setembro do 2016, 12:52