para funcionar




. NORMAS DE UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA
  • É preciso respectar ao máximo esta normativa, para que o servizo da Biblioteca funcione ben e chegue a un maior número de persoas da comunidade educativa.
Gracias pola vosa colaboración


A Biblioteca ofrece aos seus usuarios o acceso gratuíto a INTERNET para lles facilitar a procura de información necesaria. Para usar este servizo cumpre respectar a seguinte normativa:

  1. Só se permite utilizar este medio para buscar información con fins educativos.
  2. Non se permite utilizar disquetes nin CDROM particulares, sen consulta previa, para evitar que entren virus na rede.
  3. Se houbese varias persoas interesadas en utilizar a rede ao mesmo tempo o persoal encargado da biblioteca poderá limitar os minutos da consulta ou establecer algún tipo de quenda ou acordo.
  4. Non se pode chatear, nin xogar, nin mandar correos electrónicos ou facer gravacións sen petición previa.
  5. Non está permitido o acceso aos contidos informativos que supoñan unha desconformidade coa natureza pública, cívica, social ou educativa da Biblioteca.
  6. O usuario comprométese a facer u uso axeitado do servizo de acceso a Internet.

  • Para poder sacar libros non é necesario presentar o carné do centro. Basta con facilitar o número de lector aos responsables da Biblioteca que procederán a rexistralo.

  • O préstamo de libros terá unha duración de 15 días. Si se sigue necesitando despois deste tempo, poderase renovar o préstamo por 7 días máis, sempre ao criterio dos responsables da biblioteca. Unha vez rematado este segundo prazo os libros teranse que devolver, para que outra persoa os poda utilizar se así o desexa.

  • Poderanse sacar tres libros por persoa e mentres estes non se devolvan non se poderá sacar outro, excepto en vésperas das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán cando poderase acordar persoalmente cos responsables da biblioteca o número de libros que se poden tomar en préstamo.

  • Hai obras que polo seu volume, custo, etc. se poden consultar pero non sacar. Ex: enciclopedias, atlas, dicionarios, libros de texto, cómics, etc.

  • O préstamo de DVDs será de catro días, non se poderán levar máis de dous DVDs por persoa.

  • Todos os fondos están centrados na Biblioteca. Cando o profesorado precise algún tipo de material, deberá comunicalo aos responsables que rexistrarán o préstamo no programa e acordará con eles a data da devolución.

  • Coida os libros mellor que se foran teus: non os subliñes, nin os pintes, nin os forces ao abrilos, porque van ser utilizados por outras persoas.

  • Cando un alumno/a perda, rompa ou estrague un libro ten a obriga de repoñelo . Así os recursos económicos do centro rendabilízanse utilizándoos para a adquisición de obras novas e non para a reposición das que xa había.
.

Última modificación: Xoves, 14 de Xullo do 2016, 11:42