ESTUDOS

No Sánchez Cantón impártense ademais de 1º e 2º Ciclo ESO e Bacharelato, o Ciclo de TSAAFD e dous Ciclos de Técnicos Deportivos en Fútbol e Balonmán nivel I, nivel II e nivel III. Estase xestionando a inclusión das Ensinanzas en Réxime Semipresencial para o Bloque Común dos Ciclos Deportivos. O noso número total de alumnos entre os dous centros, ciclos e outras ensinanzas vinculadas a este centro supera os 1000 alumnos.
Na Extensión do CGTD impártese o 3º e 4º da ESO e 1º-2º Bacharelato, sendo o alumnado deportistas bolseiros que viven maioritariamente na Residencia do CGTD.
I.- EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
 
 
Organización 
Artigo 12. Organización xeral 
A etapa de educación secundaria obrigatoria abrangue dous ciclos, o primeiro con tres cursos escolares, e o segundo con un. Estes catro cursos seguiranse ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade. O segundo ciclo, ou cuarto curso, da educación secundaria obrigatoria terá un carácter fundamentalmente propedéutico. A etapa de educación secundaria obrigatoria organízase en materias que, á súa vez, se organizan en troncais, específicas e de libre configuración autonómica.
Artigo 13. Organización do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria 
1. Os alumnos e alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Cursos primeiro e segundo: 1º) Bioloxía e Xeoloxía, no primeiro curso. 2º) Física e Química, no segundo curso. 3º) Xeografía e Historia, en ambos os dous cursos. 4º) Lingua Castelá e Literatura, en ambos os dous cursos. 5º) Matemáticas, en ambos os dous cursos. 6º) Primeira Lingua Estranxeira, en ambos os dous cursos. b) Curso terceiro: 1º) Bioloxía e Xeoloxía. 2º) Física e Química 3º) Xeografía e Historia. 4º) Lingua Castelá e Literatura. 5º) Primeira Lingua Estranxeira.
Ademais, como materia de opción en terceiro curso, no bloque de materias troncais deberán cursar ou ben Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas, ou ben Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, segundo elección dos pais, das nais, dos/ das titores/as legais ou, de ser o caso, dos alumnos e das alumnas. 
2. O alumnado debe cursar as seguintes materias do bloque de materias específicas en cada un dos cursos: a) Educación Física. b) Relixión, ou Valores Éticos, segundo elección dos pais, das nais, dos/das titores/as legais ou, de ser o caso, dos alumnos ou das alumnas. c) Ademais das materias indicadas nas alíneas a) e b), o alumnado cursará as seguintes materias do bloque de materias específicas: 
1º) Primeiro curso: A) Educación Plástica, Visual e Audiovisual. B) Segunda Lingua Estranxeira. 
2º) Segundo curso: A) Música. B) Tecnoloxía. C) Segunda Lingua Estranxeira. 
3º) Terceiro curso: A) Música. B) Tecnoloxía. C) Educación Plástica, Visual e Audiovisual. D) Unha materia a elixir entre Segunda Lingua Estranxeira e Cultura Clásica.
3. No bloque de materias de libre configuración autonómica, os alumnos e as alumnas deben cursar a materia de Lingua Galega e Literatura, que terá un tratamento análogo no centro ao da Lingua Castelá e Literatura, de xeito que se garanta a adquisición das correspondentes competencias lingüísticas e a adecuada distribución segundo o establecido no artigo 7 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. A consellería con competencias en materia de educación poderá ofertar outras materias de libre configuración autonómica elixibles polo centros docentes dentro do horario de libre configuración e opcionais para os alumnos e as alumnas. 4. No horario establecido como de libre configuración os centros docentes poderán optar por dedicalo ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias recollidas neste artigo, por establecer outra ou outras materias que determine o centro docente, segundo o seu proxecto educativo e logo da autorización da consellería con competencias en materia de educación, ou por impartir algunha das materias de libre configuración autonómica elixibles polos centros docentes. En todo caso, respectarase o tratamento análogo das linguas cooficiais e os criterios de equilibrio establecidos no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Artigo 14. Organización do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria 
1. Os pais, as nais, os/as titores/as legais ou, de ser o caso, os alumnos e as alumnas poderán escoller cursar o cuarto curso da educación secundaria obrigatoria por unha das dúas seguintes opcións: a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao bacharelato. b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á formación profesional. Para estes efectos, non serán vinculantes as opcións cursadas en terceiro curso de educación secundaria obrigatoria. O alumnado deberá poder lograr os obxectivos da etapa e alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes tanto pola opción de ensinanzas académicas como pola de ensinanzas aplicadas. 
2. Na opción de ensinanzas académicas, os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Xeografía e Historia. b) Lingua Castelá e Literatura. c) Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas. d) Primeira Lingua Estranxeira. e) Dúas de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais: 1º) Bioloxía e Xeoloxía. 2º) Economía. 3º) Física e Química. 4º) Latín. 
3. Na opción de ensinanzas aplicadas, os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Xeografía e Historia. b) Lingua Castelá e Literatura. c) Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas. d) Primeira Lingua Estranxeira. e) Dúas de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais: 1º) Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional. 2º) Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial. 3º) Tecnoloxía. 
4. Os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias do bloque de materias específicas: a) Educación Física. b) Relixión, ou Valores Éticos, segundo elección dos pais, das nais, dos/das titores/as legais ou, de ser o caso, dos alumno ou as alumnas. c) En función da oferta dos centros docentes, dúas materias das seguintes do bloque de materias específicas: 1º) Artes Escénicas e Danza. 2º) Cultura Científica. 3º) Cultura Clásica. 4º) Educación Plástica, Visual e Audiovisual. 5º) Filosofía. 6º) Música. 7º) Segunda Lingua Estranxeira. 8º) Tecnoloxías da Información e da Comunicación. 9º) Unha materia do bloque de materias troncais non cursada polo alumno ou a alumna. 
5. No bloque de materias de libre configuración autonómica, os alumnos e as alumnas deben cursar a materia de Lingua Galega e Literatura, que terá un tratamento no centro docente análogo á de Lingua Castelá e Literatura, de xeito que se garanta a adquisición das correspondentes competencias lingüísticas e a adecuada distribución segundo o establecido no artigo 7 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. 
6. A consellería con competencias en materia de educación e os centros docentes poderán elaborar itinerarios para orientar o alumnado na elección de materias troncais de opción. 7. Só se poderá limitar a elección de materias de opción cando haxa un número insuficiente de alumnos e alumnas segundo os criterios que determine a consellería con competencias en materia de educación.
 
II.- BACHARELATO
 
 
Artigo 29. Modalidades de bacharelato
1. As modalidades do bacharelato que, de ser o caso, poderán ofrecer os centros docentes serán as seguintes: a) Ciencias. b) Humanidades e ciencias sociais. c) Artes.
2. Dentro da modalidade de Humanidades e ciencias sociais, o alumnado poderá optar polo itinerario de Humanidades ou polo itinerario de Ciencias sociais. 
Artigo 30. Organización do primeiro curso de bacharelato 
1. Na modalidade de Ciencias, os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Filosofía. b) Lingua Castelá e Literatura I. c) Primeira Lingua Estranxeira I. d) Matemáticas I. e) Dúas de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais: 1º) Bioloxía e Xeoloxía. 2º) Debuxo Técnico I. 3º) Física e Química. 
2. Na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Filosofía. b) Lingua Castelá e Literatura I. c) Primeira Lingua Estranxeira I. d) Para o itinerario de Humanidades, Latín I. Para o itinerario de Ciencias sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I. e) Dúas materias de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais, organizadas, de ser o caso, en bloques que faciliten o tránsito á educación superior: 1º) Economía. 2º) Grego I. 3º) Historia do Mundo Contemporáneo. 4º) Literatura Universal. 
3. Na modalidade de Artes, os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Filosofía. b) Lingua Castelá e Literatura I. c) Primeira Lingua Estranxeira I. d) Fundamentos da Arte I. e) Dúas de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais: 1º) Cultura Audiovisual I. 2º) Historia do Mundo Contemporáneo. 3º) Literatura Universal. 
4. Os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias do bloque de materias específicas: a) Educación Física. b) Un mínimo de dúas e un máximo de tres materias de entre as seguintes: 1º) Análise Musical I. 2º) Anatomía Aplicada. 3º) Cultura Científica. 4º) Debuxo Artístico I. 5º) Linguaxe e Práctica Musical. 6º) Relixión. 7º) Segunda Lingua Estranxeira I. 8º) Tecnoloxía Industrial I. 9º) Tecnoloxías da Información e da Comunicación I. 10º) Volume. 11º) Unha materia do bloque de materias troncais non cursada polo alumno ou a alumna, que será considerada específica para todos os efectos.
5. No bloque de materias de libre configuración autonómica, os alumnos e as alumnas deben cursar a materia de Lingua Galega e Literatura, que terá un tratamento no centro docente análogo á de Lingua Castelá e Literatura, de xeito que se garanta a adquisición das correspondentes competencias lingüísticas e a adecuada distribución segundo o establecido no artigo 8 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. A consellería con competencias en materia de educación poderá ofertar outras materias de libre configuración autonómica elixibles polo centros docentes dentro do horario de libre configuración e opcionais para os alumnos e as alumnas. 6. No horario establecido como de libre configuración os centros docentes poderán optar por dedicalo ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias recollidas neste artigo, por establecer outra ou outras materias que determine o centro docente, segundo o seu proxecto educativo e logo de autorización da consellería con competencias en materia de educación, ou por impartir algunha das materias de libre configuración autonómica elixibles polos centros docentes. En todo caso, respectarase o tratamento análogo das linguas cooficiais e os criterios de equilibrio establecidos no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
7. A consellería con competencias en materia de educación e os centros docentes poderán elaborar itinerarios para orientar o alumnado na elección das materias de opción. 
8. Só se poderá limitar a elección de materias de opción cando haxa un número insuficiente de alumnos e alumnas segundo os criterios que determine a consellería con competencias en materia de educación. 
Artigo 31. Organización do segundo curso de bacharelato 
1. Na modalidade de Ciencias, os alumnos e alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Historia de España. b) Lingua Castelá e Literatura II. c) Primeira Lingua Estranxeira II. d) Matemáticas II. e) Dúas materias máis de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais: 1º) Bioloxía. 2º) Debuxo Técnico II. 3º) Física. 4º) Xeoloxía. 5º) Química. 
2. Na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Historia de España. b) Lingua Castelá e Literatura II. c) Primeira Lingua Estranxeira II. d) Para o itinerario de humanidades, Latín II. Para o itinerario de ciencias sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II. e) Dúas materias de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais, organizadas, de ser o caso, en bloques que faciliten o tránsito á educación superior: 1º) Economía da Empresa. 2º) Xeografía. 3º) Grego II. 4º) Historia da Arte. 5º) Historia da Filosofía.
3. Na modalidade de Artes, os alumnos e as alumnas deben cursar as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: a) Historia de España. b) Lingua Castelá e Literatura II. c) Primeira Lingua Estranxeira II. d) Fundamentos da Arte II. e) Dúas materias de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais: 1º) Artes Escénicas. 2º) Cultura Audiovisual II. 3º) Deseño. 
4. Os alumnos e as alumnas cursarán un mínimo de dúas e un máximo de tres materias das seguintes do bloque de materias específicas: a) Análise Musical II. b) Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. c) Debuxo Artístico II. d) Fundamentos de Administración e Xestión. e) Historia da Música e da Danza. f) Imaxe e Son. g) Psicoloxía. h) Relixión. i) Segunda Lingua Estranxeira II. l) Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica. m) Tecnoloxía Industrial II. n) Tecnoloxías da Información e da Comunicación II. ñ) Unha materia do bloque de materias troncais non cursada polo alumno ou a alumna, que será considerada específica para todos os efectos.
5. No bloque de materias de libre configuración autonómica, os alumnos e as alumnas deben cursar a materia de Lingua Galega e Literatura, que terá un tratamento no centro docente análogo á de Lingua Castelá e Literatura, de xeito que se garanta a adquisición das correspondentes competencias lingüísticas e a adecuada distribución segundo o establecido no artigo 8 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. A consellería con competencias en materia de educación poderá ofertar outras materias de libre configuración autonómica elixibles polo centros docentes dentro do horario de libre configuración e opcionais para os alumnos e as alumnas. 6. No horario establecido como de libre configuración os centros docentes poderán optar por dedicalo ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias recollidas neste artigo, por establecer outra ou outras materias que determine o centro docente, segundo o seu proxecto educativo e logo de autorización da consellería con competencias en materia de educación, ou por impartir algunha das materias de libre configuración autonómica elixibles polos centros docentes. En todo caso, respectarase o tratamento análogo das linguas cooficiais e os criterios de equilibrio establecidos no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. 
7. A consellería con competencias en materia de educación e os centros docentes poderán elaborar itinerarios para orientar o alumnado na elección das materias troncais de opción.
8. Só se poderá limitar a elección de materias de opción cando haxa un número insuficiente de alumnos e alumnas segundo os criterios que determine a consellería con competencias en materia de educación.
 
III. CICLOS SUPERIORES

Na actualidade no IES Sánchez Cantón pódense cursar, ademáis da ESO e do Bacharelato nas súas diferentes modalidades, os seguintes estudos de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial:

  •  Ciclo formativo superior correspondente ó título de Técnico Superior en Animación de Actividade Física e Deportiva, no que se desenvolven competencias profesionais relacionadas coa programación, organización, execución e avaliación de proxectos e actividades físicas recreativas, de acondicionamento físico para a mellora da saúde e de iniciación deportiva. 
  • Técnico Deportivo en fútbol, con dous niveis formativos, prepara para o desempeño profesional da iniciación, a tecnificación e o adestramento de xogadores e equipos de fútbol. 
  • Técnico Deportivo en balonmán, con dous niveis formativos, prepara para o desempeño profesional da iniciación, a tecnificación e o adestramento de xogadores e equipos de balonmán.
  •  Técnico Superior en fútbol, prepara para o desempeño profesional do adestramento e a dirección de equipos de fútbol de alto nivel.
  • Técnico Superior en balonmán, prepara para o desempeño profesional do adestramento e a dirección de equipos de balonmán de alto nivel.

É importate destacar que todas estas titulacións son oficiais e teñen validez académica e profesional, xa que permiten o acceso a outras titulacións superiores e cualifican para o exercicio profesional no sector produtivo da actividade física e do deporte.

....... .......
Facebook Twitter You Tube Galipedia Calendario de actividades SC
Última modificación: Mércores, 2 de Novembro do 2016, 17:50