Documento de benvida ao centro

Consellería de Educación IES Sánchez Cantón - Pontevedra Logo




DOCUMENTO DE BENVIDA AO IES SÁNCHEZ CANTÓN
Benvidos ao IES Sánchez Cantón - video

En primeiro lugar queremos darlles a benvida ao noso centro, o IES Sánchez Cantón de Pontevedra e á súa Extensión no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de parte do Consello Escolar, equipo directivo, profesorado, ANPA e persoal non docente de ambos os centros. Este documento tenta ser unha pequena guía para facilitar información á comunidade educativa e familias. Para o alumnado de primaria adscrito do CEP Campolongo e do CEP Froébel establécese unha xornada de portas abertas que se desenvolve no mes de xuño e que se coordina a través do Dto. de Orientación xunto cos centros adscritos. Para as familias de 1º ESO establécese unha reunión de acollida cos titores, profesorado e equipo directivo no mes de setembro - outubro. Para o alumnado de nova incorporación noutros cursos,  organizaranse baixo demanda a través do formulario na cabeceira, ou a través de solicitude a través dos titores, sesións de formación nas que se explicará o funcionamento da aula virtual - Moddle. Calquera dúbida tamén pode ser solucionada a través do profesorado que imparte as distintas materias no seu nivel educativo, así como coordinador Abalar ou coordinador TIC e tamén na vicedirección.
O alumnado novo será incluido na aula virtual nos primeiros días de curso e para o seu acceso dispón na cabeceira da páxina web, de información e titorial sobre o procedemento a seguir. 

1.- Horarios: os dous centros, tanto o Sánchez como a Extensión no CGTD teñen horarios distintos tanto no inicio como no remate e nas tardes, tendo o CGTD 3 mañáns nas que teñen lugar adestramentos.

Horario do Sánchez Cantón Horario da Extensión do CGT

2.- Ligazón ao documento de benvida específico para o profesorado de nova incorporación aos 2 centros. No documento hai un formulario para Solicitar usuario e contrasinal para acceso a aula virtual, solicitude apertura de cursos na aula virtual  ou solicitude de formación en moddle. O acceso a esta area específica de profesorado e foro de comunicacións ao profesorado é únicamente para profesorado.  Neste espazo hai un foro no que se centralizan todas as comunicacións oficiais para o profesorado e avisos. 

3.- No curso 2017-2018 o Equipo Directivo do IES Sánchez Cantón está formado por:

Dirección: Eladio Otero López, eladio.otero@edu.xunta.es

Xefatura de Estudos: Rocío Viéites Rey, mvrey@edu.xunta.es

Xefatura de Estudos Extensión CGTD: Antonio Rey Sorribas, reysorribas@edu.xunta.es

Secretaría: Ana Mª Martínez Fernández: ies.sanchez.canton@edu.xunta.es

Vicedirección: Francisco Manuel Pérez Carral, pacocarral@gmail.com

4.- No Sánchez Cantón impártense ademais de 1º e 2º Ciclo ESO e Bacharelato, unha sección Bilingüe en Francés, o Ciclo Superior de FP TSAAFD e dous Ciclos de Técnicos Deportivos en Fútbol e Balonmán nivel I, II e nivel III. Está en trámites coa Consellería (formación, plataforma e recursos preparados) a implantación do Bloque común para Ciclos Técnico Deportivos na modalidade Semipresencial para o noso centro.

5.- Na Extensión do CGTD impártese o 2º Ciclo da ESO e Bacharelato, sendo o alumnado deportistas bolseiros que viven maioritariamente na Residencia do CGTD, edificio colindante co propio centro educativo con servizo de comedor, instalacións deportivas para o adestramento e servizo de medicina do deporte.

6. A continuación podedes ver un pouco sobre a Historia do Instituto de Pontevedra e orixe do IES Sánchez Cantón.

7.- Contactos:

-IES Sánchez Cantón:

Avda Raíña Victoria, s/n, 36001 Pontevedra / Tel 886159039 / Fax 886159050 / ies.sanchez.canton@edu.xunta.es / Dispoñemos dun smartphone para actividades e viaxes culturais: 629843143

- Extensión do IES Sánchez Cantón no CGTD:

Rúa Fernández Olmedo s/n CP 36002. Pontevedra / Tel. 986857758 / Fax 986855408 /      cgtd.ies.sanchez.canton@edu.xunta.es

NOTA:

Agradecemos que se nos remita calquera comunicación ou suxestión ás contas de correo citadas. Para suxestións sobre a web, pinchar na ligazón correspondente,  o formulario está na cabeceira da web no marxe superior dereito.

-Ver roteiro polo IES Sánchez Cantón

Dispoñemos de distintas contas nas redes sociais, todas elas asociadas a conta de correo: ies.sanchez.canton@gmail.com, así como canle en youtube e soundcloud. Para acceder a eles picar nos seguintes iconos. 

Facebook Twitter You Tube Galipedia Calendario de actividades SC
Última modificación: Venres, 14 de Xullo do 2017, 11:54