FALTAS DE ASISTENCIA

...

Consellería de Educación IES Sánchez Cantón - Pontevedra Logo Fondo Social Europeo

FALTAS DE ASISTENCIA

    • A asistencia a clases con puntualidade é obrigatoria para todos os alumnos e alumnas matriculados oficialmente no Centro. O profesorado controlará diariamente as faltas de asistencia a clases do alumnado.

  • A descarga da aplicación ABALARMOBIL para o seu smartphone facilitaralle un control diario das faltas e consulta das cualificacións dos seus fillos/as .

  • As faltas de asistencia a clases deben ser xustificadas polos pais ou titor/a legal do alumno/a dentro dos 4 días lectivos seguintes á comisión da mesma.
  • Iniciarase o protocolo de absentismo cando se supere o 10% das sesións lectivas sen xustificar.
  • O alumnado matriculado en Bacharelato, Ciclo TSAAFD e Ciclos Deportivos que supere un número de faltas non xustificadas equivalentes ao 10% das horas lectivas de cada materia (Bach) ou módulo (FP), perderá o dereito á avaliación continua . O sistema extraordinario de avaliación será unha proba única realizada nas dúas semanas anteriores á data de avaliación final.
  • En caso de que precise recoller ao seu fillo en horario escolar cubrirá e asinará o impreso de recollida en horario escolar.

Última modificación: Luns, 5 de Setembro do 2016, 12:49