Titorías

Ir aHorarios das titorías no IES Sánchez Cantón, curso 2017-2018

Ir aHorarios das titorías na extensión CGTD do IES Sánchez Cantón, curso 2017-2018
  • Todos os TITORES/AS do Centro teñen unha hora de visita semanal para recibiren as familias e poderen facer fronte aos problemas ou dificultades que se poidan presentar respecto da formación do alumnado.
  • Agradecemos que se poñan en contacto co titor ou titora en primeiro lugar, antes de tentar concertar pola súa conta entrevistas cos diferentes profesores e profesoras do curso. Deste xeito poderán ser mellor atendidos.
HORARIOS DAS TITORÍAS

Claustro de profesores hai moitos anos
*Educar é unha tarefa conxunta que require a participación tanto das familias como do profesorado e é por iso que os animamos a que colaboren connosco en procurar un mellor funcionamento do centro que se traducirá nunha mellor formación do alumnado.
*É tarefa das familias estar pendentes das entrevistas de titoría, da xustificación das ausencias e atrasos, das datas de entrega de notas, cartas, circulares, avisos dos titores, e incidencias do calendario escolar.

*Tamén os animamos a que participen na ANPA ou no Consello Escolar onde poderán expor as súas iniciativas, suxestións ou queixas dunha forma máis efectiva.
     
Facebook Twitter You Tube Galipedia Calendario de actividades SC
Última modificación: Sábado, 30 de Setembro do 2017, 14:24