Foro de novas

 
 
Imaxe de IES Sánchez Cantón
GRADUACION 17/18 2º Bach Sánchez e Extensión no CGTD
por IES Sánchez Cantón - Luns, 15 de Xaneiro do 2018, 12:23
 

Todas as comunicacións sobre o acto de graduación irán neste asunto do foro de comunicacións ao alumnado de 2º Bach do Sánchez e Extensión no CGTD. 

 

 
Imaxe de IES Sánchez Cantón
2/1/18, venres: sesión fotográfica orlas 2º Bach, 2º TSAAFD e Sección Bilingue
por IES Sánchez Cantón - Martes, 30 de Xaneiro do 2018, 11:10
 
  • 2/1/18, venres: sesión fotográfica para 2º Bach, 2º TSAAFD e Sección Bilingue, será o venres  2/2/2018 a partires das 9.30 h. no paraninfo. O delegado de cada grupo irá avisando cando remate ao seguinte grupo: orde A, B, C, D, E, 2º TSAAFD, SECC. BILINGUE. En caso de haber algun exame ou actividade, a orde poderá variarse. O delegado de cada grupo ao remate avisa ao seguinte curso. Rógase ao profesorado en hora de clase, baixe e suba co seu alumnado en hora de clase. Nota conserxería: subir comunicación as aulas e comunicar profesorado afectado con antelación.

  • A oferta da empresa a tendes posta no taboeiro de actividades do vestíbulo. Adxuntamos copia.
Imaxe de IES Sánchez Cantón
Orla provisional 2º Bach
por IES Sánchez Cantón - Martes, 10 de Abril do 2018, 13:30
 

Tendes a orla provisional no taboeiro de actividades do vestíbulo. Calquer error no  voso nome ou apelidos tendes que comunicalo urxentemente na vicedirección,  xa que logo xa se publicará a orla  definitiva.

A VICEDIRECCIÓN

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Reserva auditorio A Fundación para o xoves 24/5/18
por IES Sánchez Cantón - Luns, 16 de Abril do 2018, 19:34
 

Adxuntamos copia do  contrato de reserva do Auditorio de A Fundación por valor de 500€ máis iva = 605€. Conforme a solicitude dos delegados na última reunión coa vicedirección. A reserva fíxose para o xoves 24/5/18. A ANPA costeará as entradas dos alumnos de 2º Bach que estén asociados. O resto será recaudado polo Delegado e subdelegado de cada grupo,  entregando na vicedirección un parte de aula e un sobre co total recaudado en cada grupo (non se admiten moedas) . Tendes a copia do contrato no taboeiro de actividades  no vestíbulo.

Imaxe de IES Sánchez Cantón
A Fundación, planos de localidades e ensaios
por IES Sánchez Cantón - Luns, 14 de Maio do 2018, 16:45
 

Adxuntamos ligazón aos planos do espazo Afundación coa distribución de localidades. 

Cando rematedes cos exames veremos a distribución de localidades, ubicación  dos  distintos grupos (A, B, C, D, E, F) e os espazos de reserva para profesorado, equipo directivo, ANPA e invitados. En breve comunicaremos data e horario dos ensaios que estanse a solicitar en Afundación.

 

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Organización 173 ceremonia de graduación 2º Bach
por IES Sánchez Cantón - Luns, 29 de Xaneiro do 2018, 10:28
 

Adxúntanse ligazóns a videos de anteriores graduacions desenvoltas. Podedes atopalas no Canle do Sánchez en youtube. 

https://www.youtube.com/playlist?list=PLXKnPvlYfCID2foqjPZ9fEmqdrPtio4eM

En relación coa ceremonia de graduación 2017/18:

Convén xa ir tendo claro tanto no Sánchez como na Extensión do CGTD:

  • Presentadores do acto: 1 - 3 persoas aprox. / 
  • Redactores discurso alumnado: 1 - 3 persoas aprox.
  • Presentadores - lectores do discurso do alumnado: 1 - 3 persoas aprox.
  • Os delegados realizarán a chamada dos seus compañeiros/as (facer ensaio dias antes)
  • Editores de audiovidual (recopilación de fotografías, video...). Tendes moitas fotos dos últimos anos na conta do face do insti: non pasarse coa duración. 

https://www.facebook.com/pg/IES-S%C3%A1nchez-Cant%C3%B3n-1593681667514110/photos/?tab=photos_albums

E decidindo:

  • Alumnado que colaborará no control de acceso se se considera necesario... se va a haber algún número musical ou grupo que toque (ensaios)
  • Lugar donde realizará a cea co suficiente aforo para todos (menus adaptados, etc..).  Esta parte a xestiona directamente o alumnado.
  • Tamén as correspondentes recaudacions que serán realizadas polos delegados (recoller partes de aula na vicedirección para anotar quen pagou cada cousa e entregar na vicedirección, ollo..., nada de moedas.). a anpa o Verxel cubre as entradas do alumnado asociado.
  • Publicado neste foro e de anos anteriores está toda a información publicada para as graduacións. Botádelle unha ollada.
  • Pasaremos pola Extensión do CGTD para falar tamén destas cousas e convén que o/a delegado/a da extensión do CGTD esté tamén no wasap de grupo de delegados de 2º Bach que teñades para organizar todo. 

A VICEDIRECCIÓN  Pontevedra, 28/1/18

Imaxe de IES Sánchez Cantón
16/4/18 Pago fianza e solicitude de reserva Liceo Casino Pontevedra - La Caeira
por IES Sánchez Cantón - Luns, 16 de Abril do 2018, 19:43
 

Atendendo a solicitude dos delegados de 2º Bach, xestionouse no día  de hoxe o pago da  fianza de 200€ ao Liceo Casino e Remitiuse impreso de reserva ao Liceo Casino de Pontevedra.

A VICEDIRECCIÓN

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Recaudación alquiler espazo A fundación Graduación 2º Bach.
por IES Sánchez Cantón - Luns, 5 de Marzo do 2018, 18:42
 

Os delegados dos grupos de 2º Bach do Sánchez e Extensión no CGTD deben ir recaudando o custe do alquiler do  auditorio (605€). Os delegados e subdelegados dos distintos grupos collerán un sobre e un parte de aula na conserxería para ir recollendo os cartos.  O total debe entregarse en papel, co mínimo de moedas para o seu ingreso na conta de Aletheia e posterior pago a través de transferencia.

Recordar  ao alumnado que a ANPA costeará a entrada do alumnado asociado na súa totalidade.  O resto do  alumnado aportará 3€ en total. A diferencia  a asumirá  a  asociación de alumnos Aletheia.

A recollida faise durante a primeira quincena de marzo e entrégase na vicedirección a través dos delegados.

A VICEDIRECCIÓN

Esta comunicación entregarase en aulas o 6/3/18 xunto co sobre e un parte de aula a cada grupo. No CGTD encargarase o titor/a. 

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Reunión mércores 21/3/18 paraninfo delegados 2º Bach e alumnado implicado en organizacion graduación
por IES Sánchez Cantón - Mércores, 14 de Marzo do 2018, 12:35
 

Reunión mércores 21/3/18 paraninfo delegados 2º Bach e alumnado implicado en organizacion graduación

O vindeiro mércores 21 teremos unha reunión no paraninfo na que trataremos os distintos de organización do acto, así como duración máxima das distintas fases: videos e discursos. Tendes que remitir por email unha copia dos discursos e a copia do video tope 5 dias antes do evento. Tamén suponse que tendes xa reservado o restaurante,  axustado o menú, e que haberá menús adaptados para quen o precise.

Precisamos os nome, apelido e curso de todos os alumnos que teñan algún rol asignado na graduación. Contaremos coa colaboración de Belén Herrero e do alumnado do grupo de teatro para colaborar no día do acto. Esta comunicación envíase a aula impresa no día de hoxe.

Para esta reunión teranse en conta tamén as comunicacións anteriores. Se algún alumno/a falta por facer a orla debe solucionalo cos fotógrafos canto antes.

A VICEDIRECCIÓN

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Reunión martes 24/4/18 paraninfo 2º Bach organización
por IES Sánchez Cantón - Domingo, 22 de Abril do 2018, 17:31
 

Martes 24 de abril no recreo. Reunión dos implicados na organización: vídeos, discursos e  actuacions musicais.    

Imaxe de IES Sánchez Cantón
15/5/18 Orlas pendentes de pago e transporte
por IES Sánchez Cantón - Martes, 15 de Maio do 2018, 13:15
 

Hoxe veu o fotógrafo a deixar xa as orlas e recoller os cartos. Os delegados quedaran de vir comprobar o contido dos sobres que estaban precintados e todavía non o fixeron. Hoxe o fotógrafo abriu os sobres e comprobou o contido e deixou solamente as orlas dos que a tiñan pagada. Como había algún pendente de pago, convén que o comuniquedes e que pasen  os delegados canto antes por vicedirección para solucionalo.

No referido ao transporte, se precisades algúnha xestión pola nosa parte, vos agradecemos que nolo comuniquedes canto antes.

Imaxe de IES Sánchez Cantón
16/5/18 Delegados: orlas / cea / bus
por IES Sánchez Cantón - Mércores, 16 de Maio do 2018, 13:37
 

Os delegados teñen  que pasar por vicedireccion o venres ata as 12 h.para revisar as orlas  do seu grupo e ver o número definitivo de mesas e comensales  por mesa que nos solicitaron hoxe dende  o Casino. As 2 cousas son moi urxentes. Tamén hai que ver o tema da  recaudación do bus. A graduación comezará  as 19.30 h. Comentouse isto hoxe con 3 dos  delegados  que viñeron por vicedirección.

A VICEDIRECCIÓN

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Ensaio xeral Graduación en Afundación mércores 23/5/18
por IES Sánchez Cantón - Martes, 22 de Maio do 2018, 13:14
 

Mañán mércores 23 terá lugar un ensaio xeral para todo o alumnado de 2º Bach en Afundación. Iremos ao remate da actividade que tendes co orientador no paraninfo e que comeza as 9 h. e remata sobre as 10.30 h. - 10.45 h. Ao remate desta actividade iremos ao ensaio. Para o acceso en Afundación debedes vir todos  xuntos e vir co voso delegado/a para facer a proba das chamadas e orde de acceso  ao escenario. Se alguén vai ao acto con tacóns  estaría ben traelos nunha bolsa e probalos para o acceso ao escenario.

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Ensaio xeral o xoves Graduación en Afundación
por IES Sánchez Cantón - Martes, 22 de Maio do 2018, 13:26
 

Tamén haberá ensaio o propio xoves, posiblemente a partires das 16 h. aprox. para todos. Se vos confirmará o horario definitivo. Logo do ensaio podedes ir a vestiros para a ceremonia. 

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Vídeos graduación na cabeceira da web
por IES Sánchez Cantón - Sábado, 26 de Maio do 2018, 10:04
 

Vídeos graduación na cabeceira da web

Imaxe de IES Sánchez Cantón
29/5/18 Realizada a transferencia dos 605€ Afundación
por IES Sánchez Cantón - Martes, 29 de Maio do 2018, 11:56
 

Hoxe  realizouse a transferencia dos 605€ do alquiler  de Afundación coas aportacións do alumnado e da ANPA, que xa realizou o ingreso correspondente na conta de Aletheia. Pendente a devolución da  fianza do comedor do Casino que ingresamos dende a conta de Aletheia. 

A  VICEDIRECCIÓN