COMUNICACIÓNS Ó ALUMNADO E FORO ACTIVIDADES

 
 
Imaxe de IES Sánchez Cantón
"Carta a un defraudador": noraboa a Diego Mirón Jiménez, 3º ESO D
por IES Sánchez Cantón - Mércores, 7 de Xuño do 2017, 22:16
 

O noso alumno de 3º ESO D Diego Mirón Jiménez está convidado, xunto co seu profesor Humberto Martínez, o martes 13 de xuño, ás 9.30 h. na AEAT (Axencia tributaria) para asisitir a un acto de recoñecemento por ser un dos premiados no concurso de redacción que todos os anos convoca a Axencia Tributaria entre o alumnado que visita as instalacións de Facenda. (Neste caso o alumno visitou xunto cos seus compañeiros e o seu profesor Humberto Martínez a sede da AEAT o pasado 18 de xaneiro, visita durante a cal lles explicaron con detalle en qué se invisten os impostos que recauda a AEAT.) Despois do acto, alumno premiado e profesor acompañante serán conducidos ata Marín en vehículos postos polas autoridades de Facenda para visitar a lancha de vixilancia aduaneira. Noraboa a Diego e ao seu profesor Humberto por este excelente resultado. A continuación adxuntamos a redacción premiada. 

cartadefraudador.png