COMUNICACIÓNS Ó ALUMNADO E FORO ACTIVIDADES

 
 
Imaxe de IES Sánchez Cantón
Proxecto TEENTECH IES Sánchez Cantón . Agradecemento ao Concello de Pontevedra e medios de comunicación
por IES Sánchez Cantón - Mércores, 24 de Maio do 2017, 23:25
 

 cabeceiraavisos.jpg

 

O IES Sánchez Cantón foi galardoado coa distinción “Centre of Innovation and Creativity-Silver” pola organización do concurso británico TeenTech

SILVER COI digital badge 2017.png

Os alumnos participantes foron galardoados coa medalla “Gold”

Agradecer en primeiro lugar ao Concello de Pontevedra, en especial á Concellería de Educación, a súa implicación e colaboración económica, o que permitirá aos alumnos e profesores participantes en TeenTech a asistencia á fase final do concurso.

Tamén queremos deixar constancia do noso agradecemento á ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón pola súa boa disposición e proposta de axuda dende o primeiro intre.

 Valoramos e agradecemos os ofrecementos que recibimos por parte do comercio e distintas empresas de Pontevedra.

 Por último, queremos destacar a inestimable axuda e apoio dos medios de comunicación (Pontevedra Viva, Diario de Pontevedra, cadea COPE e TVG) por dar cobertura á noticia dende o primeiro intre. Esa cobertura informativa resultou fundamental á hora de poñer en coñecemento da opinión pública e institucións os proxectos desenvolvidos polos alumnos do noso Centro e a necesidade de axuda económica para que alumnos e profesores poideran asistir á fase final de TeenTech en Londres o vindeiro mes de Xuño.

Desde o noso Centro desexámoslles a mellor das sortes para esa fase final.

 O Director

 

Eladio Otero López                                         Pontevedra, 24 de maio do 2015

 

Imaxe de IES Sánchez Cantón
Proxecto TEENTECH IES Sánchez Cantón . Agradecemento a SETGA
por IES Sánchez Cantón - Luns, 12 de Xuño do 2017, 14:05
 

Facemos extensivo o noso agradecemento a empresa SETGA , pola súa colaboración económica e organizativa neste proxecto TEENTECH 16/17.

 

 O Director

 

Eladio Otero López                                         Pontevedra, 12 de xuño do 2017