COMUNICACIÓNS ALUMNADO E FAMILIAS - FORO XERAL IES SÁNCHEZ CANTÓN - EXTENSIÓN NO CGTD

 
 
Imaxe de IES Sánchez Cantón
Probas diagnósticas 4º ESO 29 e 30 de xuño.
por IES Sánchez Cantón - Luns, 14 de Maio do 2018, 15:57
 

Informar as familias, que o centro foi seleccionado para aplicación da realización das probas da Avaliación Final de Secundaria Obrigatoria a celebrar no propio centro os  días 29 e 30 de maio de 2018 no horario comprendido ente as 09:00  horas e as 13:30 horas. Dirixido ao alumnado de 4º curso da Eso. A finalidade das probas é diagnóstica , avaliandose a competencia matemática. competencia lingüística e a competencia social e cívica.

As probas estarán constituidas por cadernos de alumnado por cada unha das competencias obxeto da avaliación, e cuestionarios dirixidos ás persoas titoras, a dirección do centro, ao alumnado e ás súas familias.

Os cuestionarios de contexto realizaranse en formato dixital sen prexuicio de que as familias o poidan realizar en formato de papel.
Adxuntamos a información e instruccións recibidas dende a inspección.
Eladio Otero López
Director

Adxuntamos información e adxuntos que complementan a esta información.

Comunícase no documento AI1718_4ESO_Instrucions_dxefpie_oficio.pdf, que aplicando criterios estatísticos o centro docente que vostede dirixe resultou seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes na avaliación final de educación secundaria obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017/18.

Ademais, no documento AI1718_4ESO_Instrucions_dxefpie.pdf, achéganse as instrucións do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a aplicación e a corrección das probas da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2017/18.

Atentamente,

Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo
Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo