SUBTEMAS DAS ABAU DE HISTORIA MEDIEVAL

O século XIV e XV son anos caracterizados por un retroceso demográfico e unha forte crise económica, social e política. A crise demográfica estivo causada por varias razóns. A primeira é a sucesión dunha serie de malas colleitas, debido a abundancia de chuvias e períodos fríos que impiden a maduración dos froitos. Esta serie de anos de pobres resultados agrícolas xeraron fame e con ela unha debilitación do sistema inmunitario que facilitou a expansión da peste negra. Chegada a mediados do s. XIV, esta epidemia deixou despoboados moitos pobos e aldeas co conseguinte abandono de moitos campos por falta de man de obra, unha parálise da economía en xeral e unha caída das rendas nobiliarias e eclesiásticas. Esta situación derivará nunha potente crise social de enfrontamento dentro do sector nobiliario e de explotación señorial sobre os grupos non privilexiados que puxo a proba o sistema feudal.

A mediados do século XIV, a sobremortalidade tamén tiña as súas raíces nos frecuentes conflitos bélicos entre os diferentes reinos e as intrigas pacegas dentro dos propios reinos que se traducen en inestabilidade política e cambios de dinastías, así como no intento destas de ir dominando á nobreza e ao alto clero. Pódese dicir que como consecuencia desta conflitividade vai ir agromando un novo mundo onde a creación de estruturas estatais será a nota dominante.

 

Estamos ante un período de guerras civis en todos os reinos peninsulares, de guerras   entre eles e unha intensa conflitividade social:

  • Guerra civil (1366-1369) entre Pedro I e Enrique II en Castela que dá lugar á entronización da casa dos Trastámara e significa un enfrontamento entre o rei e a nobreza que aposta por Enrique II, moito máis magnánimo con este estamento,  ademáis de introducir a Guerra dos Cen anos colateralmente en España. Pedro I protagoniza ademáis un enfrontamento con Aragón pola fronteira na zona de Murcia e Alicante.

Juan I, fillo de Enrique II, mantén unha guerra contra Portugal por supostos dereitos dinásticos no país luso.

  • Guerra civil en Navarra (1450- 1451) entre o príncipe de Viana, apoiado polos cataláns, e con dereitos ao trono tras a morte da súa nai a raíña Blanca de Navarra, e o seu pai, Juan II de Aragón. Finalmente a morte do príncipe permitiu a chegada ao trono de Leonor, filla de Juan.
  • Guerra civil en Cataluña (1462-1472) entre a oligarquía catalá e o rei Juan II de Aragón ao que se acusa de pretender introducir unha monarquía autoritaria.
  • Enfrontamento dun sector da nobreza contra Enrique IV en Castela ao que obrigaron a nomear como herdeira do trono a Isabel, a católica, en detrimento de Juana “la Beltraneja”
  • Revoltas sociais en Castela: revolta dos irmandiños en Galicia contra os abusos dos señores que buscan resarcirse da crise económica e demográfica a costa dos campesiños. Os reis permitiron a creación de Irmandades para poder defenderse do abuso nobiliar. O primeiro enfrontamento tivo lugar entre Nuño de Andrade e os seus vasalos, a denominada Irmandade Fusquenlla (1431), que foi derrotada pola coalición entre Andrade e o arcebispo de Santiago. A grande guerra irmadiña (1467-1469) enfrontou a unha grande parte da poboación galega (campesiños, poboación urbana e fidalgos) contra os seus señores e o arcebispo de Santiago. Aínda que inicialmente a nobreza tivo que fuxir a Portugal e Castela pola destrución de máis de 130 fortalezas, reorganizados por Pedro Álvarez de Soutomaior, recuperaron os seus territorios e someteron aos campesiños. Na derrota dos irmandiños influiu a desfección dos fidalgos que acabaron pasando ao outro bando e a superioridade bélica dos cabaleiros. A represión foi brutal.
  •  Un conflito semellante ten lugar en Cataluña cos campesiños remensas que logran a súa redención previo pago de indemnización aos señores.
  • Revoltas sociais en Cataluña entre os membros da Biga e da Busca. Revolta foránea en Mallorca.
  • Ruptura da tolerancia relixiosa: ataques contra a comunidade xudea. Progroms a finais do s. XIV

 Gran Guerra Irmandiña - Movimientos irmandiños