EDUCACIÓN DOCUMENTAL

.

O Manifesto IFLA/UNESCO da Biblioteca Escolar contempla entre os seus obxectivos os seguintes:

  • Ofrecer oportunidades para a utilización e produción de información que posibiliten a adquisición de coñecementos, a comprensión, o desenvolvemento da imaxinación e o lecer.
  • Apoiar ao alumnado na aprendizaxe e na práctica de competencias de avaliación e utilización da información, en calquera soporte, formato ou medio, tendo en conta as formas de comunicación máis usuais na súa comunidade.
  • Proporcionar acceso aos recursos locais, rexionais, nacionais e globais que lle permitan ao alumnado poñerse en contacto con ideas, experiencias e opinións diversas.

ANDADEIRAS

Son unha adaptación e tradución que estamos a facer no centro dos UTILIZADORES, idea que podedes visualizar na súa versión oriximal na web DA BIBLIOTECA DA ESCOLA SECUNDARIA DE CAMPO MAIOR. Trátase dunhas fichas moi sinxelas que proporcionan información básica sobre diversos temas. Pódense consultar, descargar e imprimir dun xeito individualizado. Iremos engadindo ANDADEIRAS segundo vaian estando rematadas.

Veredes que hai ANDADEIRAS con indicacións sobre diversos temas que esperamos sexan de utilidade: como organizar a libreta de clase, como tomar apuntes, como expoñer un traballo oral, como organizar unha pequena investigación, como elaborar unha presentación PowerPoint etc

. m
n
f
f

A miña libreta

Dicionarios

Páxina web

Prensa

.
f
v
x
 b

Tomar apuntes

Mapas

Gravar un video

Falar en público


.
  • APRENDE COMO FACER PRESENTACIÓNS CON DIAPOSITIVAS
  • ALGUNHAS NORMAS DE SEGURIDADE NA REDE








E AQUÍ TES TAMÉN UNHAS INTERESANTE FOLLAS DE TRABALLO PARA ORGANIZAR OS TEUS PEQUENOS PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN


Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 12:42