ABALAR - EDIXGAL INF. ALUMNADO E FAMILIAS 20/21
IES SÁNCHEZ CANTÓN (Web)

Incidencias coa aplicación abalarmobil |
||
Guía abalarmobil para as familiasl |
As incidencias de usuario e contrasinal co portátil as atende o profesorado que imparte docencia.
O portátil EDIXGAL entrégase ao alumnado a principio de curso e devólvese ao remate salvo alumnado con materias para setembro. As familias asinan un acordo ao principio de curso, todo explícase nunha reunión inicial co coordinador EDIXGAL.
O programa EDIXGAL supón que en moitas materias o alumnado ten o libro de texto integrado no espazo virtual. Noutras materias o alumnado usará o libro de texto acordado polo departamento.
Devolución do material: ordenador, bolsa coa cincha, cargador e punteiro electrónico ( quitar a pila)
Deben achegarse polo centro o alumno/a acompañado do seu pai ou nai ou titor legal para revisar o material e asinar e levar o acordo de devolución. Lembramos que o material debería ser devolto ao centro no estado no que se lle entregou a comezos de curso.
No caso de haber algunha anomalía producida neste curso, por un mal uso, a familia debe subsanalo tal como se recolle no acordo de cesión asinado ao comezo de curso.
DEVOLUCIÓNS XUÑO
Xoves día 25 de xuño/ 19/20 1º ESO 09'30-10'30 : Alumnado de 1 ESO A |
Venres día 26 de xuño: 2º ESO 09'30-10'30 : Alumnado de 2 ESO A |
IMPORTANTE: O alumnado con materias suspensas para setembro pode quedar co ordenador no verán ata as datas da proba extraordinaria.
DEVOLUCIONS SETEMBRO
Xoves día 3 de SETEMBRO 19/20 Entrega conxunta 1º / 2º ESO
A PARTIRES DAS 11.30 H. NO VESTÍBULO
Devolución do material: ordenador, bolsa coa cincha, cargador e punteiro electrónico ( quitar a pila)
Deben achegarse polo centro o alumno/a acompañado do seu pai ou nai ou titor legal para revisar o material e asinar e levar o acordo de devolución. Lembramos que o material debería ser devolto ao centro no estado no que se lle entregou a comezos de curso.
No caso de haber algunha anomalía producida neste curso, por un mal uso, a familia debe subsanalo tal como se recolle no acordo de cesión asinado ao comezo de curso.
Coordinación EDIXGAL: Humberto Martínez Gargamala - Dto. Xeografía - Historia
contacto: gargamala@edu.xunta.gal