Documento de benvida a alumnado e familias
IES SÁNCHEZ CANTÓN (Web)
1.- Horarios: os dous centros, tanto o Sánchez Cantón como a Extensión no CGTD teñen horarios distintos tanto no inicio como no remate e nas tardes, tendo o CGTD 3 mañáns nas que teñen lugar adestramentos.
Horario do Sánchez Cantón Horario da Extensión do CGT
2.- Ligazón ao documento de benvida específico para o profesorado de nova incorporación aos 2 centros con toda a información necesaria e suxeito a LPTDatos. O acceso a esta área específica de profesorado e foro de comunicacións ao profesorado é unicamente para profesorado. Neste espazo hai un foro oficial de comunicacións no que se centralizan todas as comunicacións para o profesorado e avisos.
3.- No curso 2020/21 o Equipo Directivo do IES Sánchez Cantón estará formado por:
Dirección: Rocío Vieites Rey, mvrey@edu.xunta.gal
Xefatura de Estudos: Telmo Silva Alonso, telmosilva@edu.xunta.gal
Xefatura de Estudos Extensión CGTD: Antonio Rey Sorribas, reysorribas@edu.xunta.gal
Secretaría: Ana Mª Martínez Fernández: ies.sanchez.canton@edu.xunta.gal
Vicedirección: Francisco Manuel Pérez Carral, pacocarral@edu.xunta.gal
4.- No Sánchez Cantón impártense ademais de 1º e 2º Ciclo ESO e Bacharelato, o Ciclo Superior de FP TSEASD (novo currículo implantado no curso 18/19) e Ciclos de Técnicos Deportivos en Fútbol e Balonmán nivel I, II e nivel III. Está en trámites coa Consellería (formación, plataforma e recursos preparados) a implantación do Bloque común para Ciclos Técnico Deportivos na modalidade Semipresencial para o noso centro.
5.- Na Extensión do CGTD impártese o 2º Ciclo da ESO e Bacharelato, sendo o alumnado deportistas bolseiros que viven maioritariamente na Residencia do CGTD, edificio colindante co propio centro educativo con servizo de comedor, instalacións deportivas para o adestramento e servizo de medicina do deporte.
6. Pódese consultar a Historia do Instituto de Pontevedra e orixe do IES Sánchez Cantón, así como a memoria de novas e a páxina de mencións.
7.- Contactos:
-IES Sánchez Cantón:
Avda Raíña Victoria, s/n, 36001 Pontevedra / Tel 886159039 / Fax 886159050 / ies.sanchez.canton@edu.xunta.es / Dispoñemos dun smartphone para actividades e viaxes culturais: tlf: 629843143
Rúa Fernando Olmedo s/n CP 36002. Pontevedra / Tlf: 886159692/cgtd.ies.sanchez.canton@edu.xunta.es.
-Agradecemos que se nos remita calquera comunicación ou suxestión ás contas de correo citadas.
-Para suxestións sobre a nosa web, pinchar na ligazón correspondente, o formulario está na cabeceira da web na marxe superior dereita. A súa suxestión será respondida por email.
-Dispoñemos de distintas contas nas redes sociais, todas elas vinculadas á conta de correo aberta específica para o centro: ies.sanchez.canton@gmail.com, así como canle en youtube. Tamén asociadas ao mesmo correo dispoñemos de usuario de SKIPE e VIBER para as comunicacións das actividades do profesorado con outros centros.
T-amén dispoñemos dunha canle en TELEGRAM, que actualmente é a rede máis actualizada no referido a noticias urxentes para o alumnado, que son enviadas a través do foro xeral e espazo abalar.
-É conveniente que abra unha conta de correo para o seu fillo/a da que poden ter control do contrasinal para o alumnado que accede a 1º ESO, xa que para a operatividade do envío dos avisos do foro xeral é imprescindible ter o correo actualizado
Act. 3/7/20