COMUNICACIÓNS ALUMNADO E FAMILIAS - FORO XERAL IES SÁNCHEZ CANTÓN - EXTENSIÓN NO CGTD

4/11/14 Martes, 11.30 h. Sala de Profesores: Sorteo público da Xunta electoral - eleccións Consello Escolar

6/11/2014 Acordos da Xunta Electoral, eleccións C.Escolar

by Deleted user -
Number of replies: 0

O martes 4 de novembro, as 11.30 h. na sala de profesores tivo lugar o sorteo público dos membros que formarán parte da xunta electoral. Procedeuse ó mesmo empregando a aplicacion informática random nun dos PCS na sala; e facendo uso das listaxes alfabéticas, actualizados no Xade, dos diferentes colectivos ( profesorado, pais/nais/titores, alumnado e persoal non docente). ( Reflectiuse en acta e comunicouse ós elexidos).


XUNTA ELECTORAL 

Na reunión constitutiva da Xunta Electoral, que tivo lugar o xoves 6 de novembro ás 11:30 horas, no despacho de dirección, os membros asistentes tomaron os seguintes acordos:

  • Aprobar os censos electorais, que serán expostos publicamente no vestíbulo, do centro, no taboleiro situado ó lado do paraninfo para o seu coñecemento e para servir de base ás posibles reclamacións ó mesmo.

  • Aprobar o calendario electoral, que quedará establecido do seguinte xeito:

PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS/AS NA SECRETARÍA:

  • Do 7 ao 14 de novembro, ámbolos dous incluídos, de 9.30 a 14:00 horas: período de admisión de candidatos/as dos diferentes sectores.
    (O modelo para realizar a súa presentación atópase na secretaría).

  • Día 17 de novembro, ás 11:30 horas: reunión da Xunta Electoral, no despacho de dirección, para facer pública a proclamación de candidatos/as e para realizar o sorteo dos membros que compoñerán as Mesas Electorais para as eleccións de Profesores, alumnos/as, pais/nais ou titores legais e persoal da administración e servizos. Procederase ó mesmo empregando a aplicacion informática random nun dos PCS / smartphone dispoñibles. 

  • Días 18 e 19 de novembro ata as 14:00 horas na secretaría: prazo para reclamacións sobre as candidaturas.

  • Día 21 de novembro, ás 11.30 horas: reunión da Xunta Electoral no despacho de dirección para a resolución das posibles reclamacións de ter sido recibidas na Secretaría.

DATAS DE VOTACIÓN: actas de escrutinio e horario votacións anexo I)

  • Luns 24 de novembro: Alumnos/as de 9.20 a 14:00 horas. (Para poder votar teñen que presentar o DNI ou o CARNÉ ESCOLAR). Persal administración e servizos: poderán votar de 14.00 - 15.15 h

  •  Luns 24 de novembro: Profesores/as (Claustro Extraordinario) de 11:30 a 12:00 horas. Pais/nais ou titores legais de 19:00 a 21:00 horas.(Para poder votar teñen que presentar o DNI) (lembrar profesorado garda recreo)
  •  Xoves 27 de novembro: Reunión Xunta Electoral para proclamación de candidatos e traslado ó Delegado Provincial das copias das actas correspondentes.

Pontevedra 6 de novembro de 2014.

A XUNTA ELECTORAL

Asdo.: Don ELADIO OTERO LÓPEZ, Presidente da Xunta Electoral


COMPOSICIÓN DA XUNTA ELECTORAL (Decreto 92/ 1988 do 28 de abril)  

  • Director: D. Eladio Otero López

  • Un profesor: D. José Manuel Calvo Muras

  • Un pai: D. Jaime Díaz-Pache Mackinley

  • Unha alumna: Dª Alba María Iglesias Hermida

  • Un representante do persoal non docente: Dª María Rodríguez Pérez

Pontevedra 6 de novembro de 2014.