COMUNICACIÓNS ALUMNADO E FAMILIAS - FORO XERAL IES SÁNCHEZ CANTÓN - EXTENSIÓN NO CGTD

Instruccións 1º acceso aula virtual curso 19/20 para todo o alumnado: Sánchez Cantón / Extensión CGTD

 
Imaxe de IES Sánchez Cantón
Instruccións 1º acceso aula virtual curso 19/20 para todo o alumnado: Sánchez Cantón / Extensión CGTD
por IES Sánchez Cantón - Sábado, 14 de Setembro de 2019, 13:05
 

Carga do alumnado na aula virtual:

Estase a proceder a labores de mantemento, polo que a aula virtual estará dispoñible para acceso a información en aberto salvo cursos que requiran nova matriculación. A partires das presentacións o luns 16 / 9 /19 iranse engadindo os alumnos a aula virtual cos datos do xade que nos pase a secretaría e seguindo a orde establecida das presentacións 19/20 do alumnado no Sánchez cantón - Extensión CGTD.

O alumnado seguirá as instruccións do espazo web - aula virtual alumnado.  Hai un video no que se explica o proceso de 1º acceso de xeito moi claro.

Matriculación nos distintos cursos da aula virtual

O profesorado que imparte cada materia irá cargando ao seu alumnado nos seus cursos logo das presentacións conforme as instruccións do espazo aula virtual profesorado. Hai un video que explica o proceso de xeito moi claro. 

Instruccións ao alumnado / titores:

Os/as titores/as poñerán o video coas instruccións para o primeiro acceso do alumnado nas aulas logo da presentación para que todo o alumnado esté informado. Na semana do 16 ao 20 o alumnado actualizará o seu correo no perfil da aula virtual para poder recibir as comunicacións correspondentes nos foros que abra o profesorado nas distintas materias, foro xeral ou eventualmente nos foros dos distintos niveis educativos.. O alumnado precisa ter un correo electrónico operativo para o curso, incluido o alumnado de 1º ESO. Este correo debe levar o nome e apelidos do alumno, non debe ser o correo dos pais, ainda que poden xestionalo. 

O alumnado que teña algún tipo de problema de acceso logo das presentacións 19/20, deberá cubrir o formulario de Solicitudes A .Virtual  que hai na cabeceira da web. Non se atenderán solicitudes relativas a novos usuarios da aula virtual para alumnado a través do formulario ata o 16/9/19

Cambios de grupo: no caso de que ocurra un cambio de grupo eventual avisarase a administración da aula virtual a través do titor/a do curso ou a través do formulario de solicitudes da aula virtual xa que o usuario do alumno na aula virtual será o da asignación do Xade e o alumno/a non aparecerá no buscador do novo grupo e o seu profesorado non o poderá matricular nos ccursos da aula virtual.  

Usuarios de cursos anteriores:

E importante que os usuarios que tiñan conta no curso 18/19 (curso pasado),  utilicen a  partires das presentacións o 16/9/19 o contrasinal 1234 no seu 1º acceso e logo actualicen o seu correo e imaxen de perfil xa que a carga de alumnado faise en bloque con todos os datos recollidos do Xade 19/20

E importante que as familias colaboren recordando aos seus fillos/as estas informacións para garantir o acceso do alumnado a aula virtual e o sistema de comunicacións. 

O alumnado que precise formación en moddle o poñerá en coñecemento dos seus titores. Poderá solicitar a formación tamén a través do formulario de solicitudes A. Virtual.

Máis información no espazo web alumnado (acceso aberto)

Máis información no espazo web profesorado (acceso restrinxido a profesorado)

Carga alumnado 19/20 por IES Sánchez Cantón - Martes, 17 de Setembro de 2019, 01:36
50% ALUMNADO PENDENTE CAMBIO CONTRASINAL por Profesor Francisco Manuel Pérez Carral - Martes, 24 de Setembro de 2019, 08:06
Enviado aviso de centro a través do espazo Abalar a alumnado, familias e profesorado por IES Sánchez Cantón - Martes, 24 de Setembro de 2019, 22:46
Matriculacións alumnado cursos profesorado por Profesor Francisco Manuel Pérez Carral - Sábado, 28 de Setembro de 2019, 12:37