AXUDA PROFESORADO E INSTRUCCIÓNS USO MEDIOS TELEMÁTICOS IES SÁNCHEZ CANTÓN 20/21

1. INSTRUCCIONS TRABALLO TELEMÁTICO 20/21

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Act. 20/10/20 Ultimas instruccions remitidas pola inspección educativa:

Aulas virtuais e ferramentas:

  • A aula virtual do centro debe estar operativa para todos os cursos e niveis (salvo nos cursos Edixgal que xa teñen o seu propio EVA). Todo o alumnado debe saber o seu manexo polo que deberase dar algún tipo de titorial a través das horas de titoría.
  • Así mesmo, colgarase na web ou remitirase ás familias outro titorial para que as familias coñezan o seu manexo. No mesmo indicarase como se vai proceder en caso de ter que voltar a un ensino telemático. Isto tamén deberá quedar constancia nas programacións respectivas.
  • Se hai profesorado que descoñece o funcionamento deberase formar, ben no centro, ben a través do CFR.
  • En relación aos posibles equipos para préstamo ao alumnado que non dispoña de hardware nas súas casas, prégolle o teña actualizado para poder prestalo en calquera momento que sexa necesario.
  • AMTEGA só vai dar cobertura ás ferramentas corporativas: Abalarmóbil, Aula virtual Moodle, Plataforma Edixgal, Webex... pero non vai darse cobertura a ferramentas alleas. Neste sentido, lémbrolle o problema coa protección de datos que hai con outras ferramentas tipo Tokapp, Google Meet, Hangouts, Zoom... polo que non se deberán usar.

Directrices e INSTRUCCIÓNS AULA VIRTUAL SÁNCHEZ CANTÓN 20/21 ao profesorado dende a administración da aula virtual do IES Sánchez Cantón - Pontevedra. Neste ligazón van todas as instruccións do curso escolar publicadas no foro e actualizadas neste espazo de AXUDA. Importante acceda todo o profesorado do centro.

ATENCIÓN TITORIAL A TRAVÉS DO ESPAZO ABALAR

Este espazo permite unha atención titorial por parte de todo o profesorado as familias, o que será de gran importancia na situación COVID actual e nos escenarios que poidan sucederse durante o curso. E importante revisar e habilitar o espazo para a atención titorial por parte dos titores e tamén profesorado do Sánchez e Extensión do CGTD. Achegamos ligazón as instruccións  ao profesorado e unha captura de pantalla da configuración axeitada que debemos ter no espazo abalar. Caso de non ter habilitada a titoria as familias saelles a seguinte imaxe no abalarmobil

Servizos e recursos cos que pode contar o profesorado para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia.Información publicada na páxina da consellería o Mér, 18/03/2020 - 15:19 h.e todavía vixente no curso 20/21.

Lecturas de interese: