Esquema de temas
Modelo de estrutura para aplicar na creación dun curso na aula virtual
Unha das primeiras tarefas á hora de implementar calquera curso na aula virtual é determinar como organizar cun criterio lóxico os contidos (recursos, materiais, actividades, probas,...) para que o alumnado aproveite de xeito mais eficiente o espazo de aprendizaxe que ofrece a aula virtual.
A continuación preséntase unha proposta para que o profesorado poda ordear os contidos dós seus cursos na aula virtual.
Como modelo emprégase a estrutura dun curso en concreto, correspondente a unha materia do bloque común da titulación de Técnico Superior en fútbol que se imparte durante 2 trimestres no noso centro: Fisioloxía do exercicio.
Para o deseño desta proposta empréganse recursos sinxelos (URL, cartafol, ficheiro, tarefa e proba) aplicando unha secuencia lóxica coa intención sempre de facilitar o traballo do noso alumnado.
Esta proposta mantén a seguinte cadea: Programación da materia -> Ensino virtual -> Cartafol do 1º trimestre (apuntes + actividades) -> Entrega de tarefas -> Probas de avaliación -> Cartafol do 2º trimestre (apuntes + actividades) -> Entrega de tarefas -> Probas de avaliación -> Recursos.
A proposta concrétase na seguinte estrutura:
Para preguntar e discutir sobre temas relacionados coa materia
Buscador de libros e artigos científicos.
Revista científica JCR de acceso libre sobre fisioloxía do exercicio
Blog sobre exercicio físico e adestramento deportivo.