Arquivo

Pantallas amigas: a seguridade en internet

PantallasAmigas   é unha iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia.

  •     Seguro, evitando riscos ou reducindo as súas consecuencias
  •     Saudable, buscando o pleno benestar físico, mental e social, individual e colectivo.
  •     Ciberciudadanía, desenvolvendo competencias cidadás plenas, valores e habilidades.

Algunhas guias de lectura en castelán

Nesta páxina da Generalitat de Catalunya


Podedes atopar varias guías de lectura de obras escritas en castelán; de cada unha delas, tedes información referida a catro aspectos: quen a escribiu, información previa á lectura, preguntas de comprensión e actividades para despois da lectura.


Cine e historia = Cliphistoria

Un exemplo do uso educativo de Youtube o atopamos en Cliphistoria,  onde podemos ver clips de películas españolas e hispanoamericanas que axudan a ilustrar a historia de España. O creador da canle é Manuel González, profesor do IES Concepción Arenal de Ferrol

 

Os vídeos teñen unha duración entre dous e cinco minutos e contan cunha breve explicación dos acontecementos que relata e o título, director e ano da película da que está extraído. Na súa selección non se tiveron en conta criterios ideolóxicos, procurando que, se é posible, un acontecemento apareza tratado desde varios puntos de vista, promovendo o debate entre o alumnado.

Calendario Escolar 2012-2013

Publicado no DOG o día 22 de xuño de 2012.

Apúntate á LECTURA GLOBAL EN GALEGO

Este ano cúmplense os 50 anos da celebración do Día das Letras Galegas....


O portal GalegoLab propón unha actividade na que queremos colaborar. Chámase Lectura global en YouTube e con ela queren conseguir un vídeo no que se lea un poema/fragmento dunha obra de cada un dos 50 autores homenaxeados ó longo deste medio século.

 

Tamén podedes apuntarvos individualmente, pero dende a biblioteca queremos facer algo conxunto, así que, temos dúas obras propostas, son :


  • A rosa de 100 follas de Ramón Cabanillas
  • Os Eidos de Uxío Novoneyra

 

Pronto comezaran as primeiras gravacións, se queredes colaborar fala con algún dos teus profesores de galego ou co equipo da biblioteca.

 

RECORDA:

  • Se te gusta ler
  • Se queres colaborar na difusión do galego e a cultura galega
  • Se tes algunha relación co instituto (nais, pais ou familia do alumnado, profes ou persoal non docente...)

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Concurso adhesivos.

GAÑADORES DO CONCURSO DE ADHESIVOS

Resultados do concurso de adhesivos. Tedes unha exposición dos deseños presentados no corredor do primeiro andar do instituto. Visítao!!!

       1º Clas.: Anxo Pereira, 1º ESO - C                             1º Clas.: Bárbara Gándara, 4º ESO - A

                   "En galego, elemental"                                                            "Dálle play ó galego"

barbara gandara

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

               2º Clas. Ángel García                                                          2º Clas. Irma Silva, 4º ESO - B

                "Planta a túa lingua..."                                                    "Nesta terra naceu unha lingua"

angel garcia      irma silva

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Correlingua 2012

CORRELINGUA 2012

O venres 11 de maio asistimos ao Correlingua 2012 que, baixo o lema "O galego, todo o que buscas", percorreu as rúas da veciña vila de Tui. Acompañado por tres profesores, o alumnado de 1º de ESO, logo dun paseo por entre a pedra de Tui, participou nun espectáculo animado pola artista Iria Sobrado e de Roger de Flor e os Silvestres. Leu o manifesto a profesora e escritora Marga do Val.


correlingua

Un momento do percorrido do Correlingua 2012.

 


Libros e hamburguesas...

“Hay palabras que hacen vivir
y son palabras inocentes
La palabra calor, la palabra confianza,
amor, justicia y la palabra libertad.”

 

Con este poema de Paul Eluar, empeza esta entrada da páxina da biblioteca do Instituto Frey Martín Sarmiento.

 

Vaivos gustar, con sorte alguén máis copia a idea.

Un pouco de humor de libro

Aquí tedes unha demostración do fácil que é ler...

Agora, todos a ler..., e a celebrar o día do libro:


Distribuir contido