Cursos dispoñíbeis

BENVIDOS E BENVIDAS A BOLSA DE EMPREGO

Que é a Bolsa de Emprego do IES Ricardo Mella? É un servizo ofrecido polo instituto pensado para facilitar o contacto co mundo laboral do noso alumnado e ex alumnado.

Quen pode formar parte da Bolsa de Emprego? Todos/as os/as alumnos/as e ex alumnos/as do centro que estean en situación de procura de emprego.

Como entro a formar parte da Bolsa de Emprego? Para formar parte da Bolsa de Emprego do instituto só tes que enviar o teu CV actualizado á seguinte dirección de correo electrónico: bolsas.ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal Non esquezas imprimir, cubrir, asinar e entregar a túa autorización para que o centro poida facer uso do teu currículo no proceso de procura de emprego. Se non tes a túa autorización simplemente escribe un correo electrónico a bolsas.ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal solicitándoa e recibirala no teu correo electrónico.