BENVIDOS E BENVIDAS A BOLSA DE EMPREGO

Que é a Bolsa de Emprego do IES Ricardo Mella? É un servizo ofrecido polo instituto pensado para facilitar o contacto co mundo laboral do noso alumnado e ex alumnado.

Quen pode formar parte da Bolsa de Emprego? Todos/as os/as alumnos/as e ex alumnos/as do centro que estean en situación de procura de emprego.

Como entro a formar parte da Bolsa de Emprego? Para formar parte da Bolsa de Emprego do instituto só tes que enviar o teu CV actualizado á seguinte dirección de correo electrónico: bolsas.ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal Non esquezas imprimir, cubrir, asinar e entregar a túa autorización para que o centro poida facer uso do teu currículo no proceso de procura de emprego. Se non tes a túa autorización simplemente escribe un correo electrónico a bolsas.ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal solicitándoa e recibirala no teu correo electrónico.

 

 

Nesta sección poderás atopar ofertas de emprego relacionadas co ciclo que estás a cursar. 

Na cabeceira da páxina poderás atopar información xeral e ligazóns a buscadores de emprego.

Xusto debaixo atoparás ofertas de traballo para os ciclos das ramas de administración, sanidade e electrónica.

Nesta sección atoparás información relevante para comprobar se a túa nómina está ben calculada ou non. Poderás buscar o teu convenio colectivo e empregar os cadros de excel habilitados para calcular o teu soldo.

Atopa aquí a información que precisas no relativo á túa formación: itinerarios formativos, probas de acceso,lexislación, etc. 

Nesta sección poderás atopar novas e información actualizada que te axudarán no proceso de procura de emprego e na túa formación.

Nesta sección poderás atopar toda a información relacionada co viveiro de empresas que está á túa disposición nas instalacións do instituto.

Nesta sección atoparás as principais fontes de emprego. Estou falando de ETTs (Empresas de Traballo Temporal), do SEPE (oficinas de emprego), das Cámaras de Comercio, das axencias de colocación, de organismos públicos, de empresas privadas do teu sector, de institucións da UE, de webs de busca de emprego ...

Neste curso recibirás consellos e información que te axudarán a elaborar o teu currículo vitae e a túa carta de presentación.