try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

PROGRAMAS PLURIFP E CUALE

NOVIDADE: O 100% DOS ALUMN@S DA ACTIVIDADE DESTINATION B1 APROBAN AS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DO B1 DA EOI

O 100% dos alumn@s do IES Ribeira do Louro que cursaron a actividade DESTINATION B1 e se presentaron ás probas do B1 de Inglés da Escola Oficial de Idiomas conseguiron certificar con éxito.

Lembrar que esta actividade formativa, totalmente gratuita para os estudantes, se enmarca nos programas PLURIFP e CUALE nos que o noso instituto participa na súa aposta polas ensinanzas plurilingües.

Parabéns a tódol@s alumn@s e un aplauso de recoñecemento para o equipo de plurilingüismo do instituto!!

See you next year!!

¿QUÉ SON OS PROGRAMAS PLURIFP E CUALE?

   

 

O instituto Ribeira do Louro, na súa aposta decidida polo plurilingüismo, forma parte dos programas “ESTRELA PLURIFP” e “CUALE” promovidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

En particular, no noso instituto, estes dous programas ligados á innovación e a excelencia educativa, persiguen o obxectivo de mellorar as habilidades lingüisticas en inglés dos nosos estudantes ofrecéndolles a posibilidade de cursar ensinanzas bilingües e de participar en diversas en actividades para potenciar as súas competencias neste idioma. 

 

Á luz do anteriormente dito, durante o curso 2020/21, puxemos en marcha as seguintes acción educativas:

 

1) MÓDULOS BILINGÜES EN CICLOS FORMATIVOS

 

Particularmente, este curso a oferta educativa en réxime bilingüe é a seguinte:

 

CICLO

MÓDULO

CURSO

IDIOMA

CICLO MEDIO EN XESTIÓN ADMINISTRATIVA

OPERACIÓNS AUXILIARES DE XESTIÓN DE TESOURARÍA

INGLÉS

CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

COMUNICACIÓN E ATENCIÓN Á CLIENTELA

INGLÉS

CICLO SUPERIOR EN COMERCIO INTERNACIONAL

NEGOCIACIÓN INTERNACIONAL

INGLÉS

CICLO SUPERIOR EN COMERCIO INTERNACIONAL

FINANCIAMENTO INTERNACIONAL

INGLÉS

 

 

2) INCORPORACIÓN AO EQUIPO DOCENTE DUNHA AUXILIAR DE CONVERSA NATIVA

 

Neste curso 2020/21 contamos coa colaboración da auxiliar de conversa nativa americana Kendall Perry, quen realiza sesións de apoio aos docentes de módulos lingüísticos e bilingües e colabora na realización de diversas actividades específicas.

3) OFERTA DE ACTIVIDADES PLURILINGÜES

A oferta de actividades específicas ten como obxectivo a creación dunha contorna plurilingüe que permita aos nosos alumnos e alumnas desenvolver as súas habilidades lingüísticas en inglés. Particularmente as actividades ofrecidas, polo de agora, son as seguintes:

 

“DESTINATION B1”

 

Impartida por Chus García, Xefa do Departamento de Inglés, nesta actividade o obxectivo fundamental é que o alumnado prepare as probas conducentes aos seguintes títulos do Nivel B1 de Inglés:

- O Título Nivel Intermedio da Escola Oficial de Idiomas

- O Título ISE I do Trinity College London 

 

Para obter máis información sobre a actividade "Destination B1" podes consultar o seguinte arquivo.

 “ENGLISH TABLE TALK”

Impartida por Kendall Perry, auxiliar de conversa, nesta actividade os estudantes teñen a oportunidade de charlar en inglés de xeito informal e en pequeno grupo coa nosa auxiliar. Cada semana trátase un tema concreto e o alumnado participante dispón de fichas de vocabulario específico para repasar con antelación á charla.

Para obter máis información sobre a actividade "English Table Talk" podes consultar o seguinte arquivo.

 

NOVIDADE: PUBLICACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS 1ª QUENDA ENGLISTH TABLE TALK

Infórmase ao alumnado que se inscribiu á 1ª QUENDA DA ACTIVIDADE ENGLISH TABLE TALK de que están publicados no taboleiro do instituto (a carón da cafetería) os seguintes documentos de interese:

  • LISTAXE DE ADMITIDOS EN CADA SESIÓN E INSTRUCIÓNS.

Get ready for a nice conversation and enjoy the opportunity! Sorriso

 

NOVIDADE: APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN 1ª QUENDA MENSUAL DA ACTIVIDADE "ENGLISH TABLE TALK"

A actividade programada ten como obxectivo fundamental que ​o alumnado poida manter conversacións informais en inglés en pequeno grupo coa Auxiliar de conversa sobre diferentes temáticas​, mellorando deste xeito a súa capacidade de comunicación oral en inglés nun ambiente relaxado.

En concreto, nesta primeira quenda mensual as datas das sesións e os temas a tratar serán os seguintes:

Podes premer en cada un dos enlaces anteriores para descargar as fichas de vocabulario específico que poderás empregar en cada sesión.

O horario previsto para o curso 2020/21 é o seguinte: ​Xoves de 15:20h a 15:55 h. ​de xeito presencial na Biblioteca do centro.

A esta actividade poderán inscribirse o ​alumnado matriculado nalgún dos seguintes niveis educativos ​do instituto Ribeira do Louro:

  • Bacharelato.
  • Ciclo Medio Xestión Administrativa.
  • Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións.
  • Ciclo Superior Administración e Finanzas.
  • Ciclo Superior Comercio Internacional.

Os estudantes interesados deberán inscribirse nesta primeira quenda mensual enviando un correo electrónico á plurifp@iesribeiralouro.com.es dende o 18 de novembro ao 22 de novembro (AMPRIADO O PRAZO), ambos incluídos.  Neste correo cada estudante deberá indicar os seguintes ​datos​:

  • Nome e apelidos
  • Curso e grupo
  • Listado das sesións da quenda nas que querría participar por orden de prioridade, da que máis lle interesa á que menos. Por exemplo:
    1. Travelling
    2. Environment
    3. Cinema
    4. Eating out

Para máis información sobre a actividade podes visualizar o seguinte arquivo.

NOVIDADE: PUBLICACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS DA ACTIVIDADE "DESTINATION B1"

Infórmase ao alumnado que realizou a proba de nivel para a actividade Destination B1 de que están publicados no taboleiro do instituto (a carón da cafetería) os seguintes documentos de interese:

  • Listaxe de estudantes admitidos.
  • Instrucións para o alumnado admitido e non admitido.

Congratulations and good job! Guiño

NOVIDADE: APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN Á ACTIVIDADE "DESTINATION B1"

A actividade programada terá como obxectivo fundamental que o alumnado prepare as probas conducentes aos seguintes títulos do Nivel B1 de Inglés:

- O Título Nivel Intermedio da Escola Oficial de Idiomas.

- O Título ISE I do Trinity College London.

 

O horario previsto para o curso 2020/21 é o seguinte: Mércores de 15:30 h a 18:00 h. de xeito presencial na Aula 24.

 

A esta actividade poderán inscribirse o alumnado matriculado nalgún dos seguintes niveis educativos:

* Bacharelato

* Ciclo Medio Xestión Administrativa

* Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións.

* Ciclo Superior Administración e Finanzas

* Ciclo Superior Comercio Internacional

 

Os estudantes interesados deben inscribirse na conserxería do centro dende o 29 de setembro ao 6 de outubro, ambos incluídos.

 

Os alumnos/as inscritos serán convocados para a realización dunha proba de nivel de inglés previa que se celebrará no centro educativo e da que resultarán os candidatos seleccionados para cursar a actividade.

 

Para máis información sobre a actividade podes visualizar o seguinte arquivo.

Distribuir contido