Skip to Content

Secretaría

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2021/2022

No día de hoxe publícase a listaxe provisional de alumnado admitido na ESO e Bacharelato para o curso 2021/22. Poden comprobar as listaxes no taboleiro de anuncios do centro. Todas as solicitudes que se presentaron foron admitidas.

 

Procedemento de reclamación E.I., E.P., Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o curso 2020-2021

Información sobre os aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021. 

Publicación listaxes provisionais proba de acceso a CM

Publicáronse as listaxes provisionas de inscricións, exencións e proba adaptada correspondente a proba de acceso a ciclo medio.

Máis información aquí

Prazo reclamacións: 12 ao 16 de abril de 2021, ambos dous incluidos.

Publicación das listas provisionais de admitidos PL ESO

Poden comprobar nas dependencias do centro as listaxes de admitidos (con validacións, exencións e causas de exclusión) para as probas libres da ESO para maiores de 18 anos.

Prazo de reclamacións: 3 días hábiles

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut