try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Teatro

CADERNOS DE TEATRO 2017

Un novo número dos Cadernos de Teatro do noso instituto, no que damos conta das últimas obras representadas polo noso alumnado, e ao que incorporamos reportaxes, opinións e entrevistas.

 

 

O BUFÓN DE EL-REI, de Vicente Risco (Teatro filmado)

O noso grupo de teatro do Equipo de Dinamización Lingüística presenta a película O Bufón de El-Rei, de Vicente Risco:

Retrincos teatrais 2021 para o 23 de abril - Día do Libro

Monólogo de Shylock

Interpretado polo alumno Nicolás Freiría Casal (1ºESO-A). Alegato antirracista incluído na obra O mercador de Venecia, de W. Shakespeare.

 

O moucho aburrido

Monólogo da alumna Miriam Vila Fernández (2º BACH.-B). Trátase dunha creación de Paula Carballeira na que se narra un fermoso conto de animais.


 

Contos para a hora da cama

Monólogo do alumno Samuel Barros Ferreira (2ºBACH.-B), a partir dunha creación de Quico Cadaval, na que se fai unha divertida e enxeñosa aproximación crítica ao conto tradicional.


 

Decameron, historias para tempos ruíns

Monólogo do alumno Antonio García Torres (2º BACH.-A). É unha adaptación teatral de Cándido Pazó da obra narrativa de Giovanni Boccaccio, xurdida esta nun contexto tamén de pandemia (o da peste bubónica medieval).

 

CADERNOS DE TEATRO 2020

Velaquí os nosos Cadernos de Teatro, un agasallo do IES Ribeira do Louro para toda a comunidade educativa neste tempo de confinamento. Con el queremos celebrar o Día das Letras Galegas e os 10 anos de existencia da nosa Aula de Teatro. Trátase dunha revista exclusivamente teatral que inclúe todo o traballo en artes escénicas realizado polo alumnado do noso centro (preme na imaxe). Ogallá vos guste.

 

 



UN CRUCEIRO DE PRACER, de Alfred Hitchcock (Teatro filmado)

Os perigos da ludopatía ou cando alguén está disposto a arriscalo todo para gañar unha aposta.

 

O FURANCHO, de Santiago Cortegoso (TEATRO FILMADO)

Unha sátira brillante en defensa das industrias culturais galegas.

O CRÉDITO, de Jordi Galcerán (TEATRO FILMADO)

A exitosa comedia do cliente contra a arrogancia dos bancos.


A VENDEDORA DE PALABRAS, de Raquel Castro (TEATRO FILMADO)

Teatro da fantasía para reivindicar a lingua galega

Distribuir contido