Skip to Content

 

Entradas blogue 2010

lunes, 18 de enero de 2010

Estamos en Facebook

 

 

Para quenes teñades conta en Facebook, temos un grupo para o Club de Lectura. Esperámosvos.

 

jueves, 14 de enero de 2010

Usha: enlaces de interese

 

 

 

Ofrecémosche uns enlaces de interese para completar a lectura de Usha, de M. Reimóndez:

 

1. Un test sobre o libro

2. E estoutros enlaces variados: 1, 2, 3.

 

¡Boa lectura!

 

 

 

 

jueves, 25 de febrero de 2010

Venres, 26: O carteiro de Bagdad

 

 


O vindeiro venres 25 comentaremos na reunión do grupo de 1º e 2º de ESO a obra que estivemos lendo estes días : O carteiro de Bagdad. Unha obriña na que se entrecruza o misterio e a tenrura baixo o telón de fondo da guerra e a desgraza. Esperamos que gostásedes dela.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

lunes, 12 de abril de 2010

Película virgen de Jordi Sierra i Fabra

 




O novo libro que leremos no Club para o grupo de 1º, 2º e 3º ESO.


Aquí tedes un enlace si queredes ler en liña algúns fragmentos.

8 comentarios:

 

Anónimo dijo...

Me gusto mucho, ya que son historias reales,y muchas de ellas son recientes.Algunas de las historias me impactaron sobreto las niñas que tienen que casarse jóvenes,o padres que venden a sus hijos...

8 comentarios:

 

A lúa de Senegal

 

 

 




 
Este venres, 16 de Abril celebraremos no lugar habitual a sesión do club de lectura adicada ó grupo de 1º e 2º ESO para comentar a nosa última lectura: A lúa do Senegal, de A. Fernández Paz.
 
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.

6 comentarios:

 

sábado, 10 de abril de 2010

A clase

 



 
 
 
 
Nova lectura para o grupo de 4º e Bacharelato: A clase, de F. Begaudeau. Despois veremos a película. Recomendámosvos este enlace para completar información e ver un fragmento da lungametraxe.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

domingo, 30 de mayo de 2010


El Lector

 
 

Xa temos programada a seguinte e última lectura do curso: El lector de Bernhard Schlink.

Recordade que, posto que estamos nun tempo de exames, recuperacións e demáis urxencias, acordaremos entre nós ó longo do mes de Xuño a data para ver a película correspondente.
 
 
Enlaces de interese:

 

 

viernes, 12 de noviembre de 2010


Comezo de curso para o Club de Lectura

 
Xa comezamos co Club neste novo curso. Como sabedes continuamos ca organización en dous grupos, como durante o curso pasado, con lecturas e actividades diferenciadas, aínda que procuraremos ter algunha conxunta.

As lecturas propostas son as seguintes:

-Primeiro grupo (1º,2º e 3º ESO): O Principiño, de A. Saint-Exupéry.

 

 

-Segundo grupo (4º ESO e Bacharelatos): El lector de Bernhard Schlink, que nos quedou pendente do fin de curso pasado...

Despois de ver a película "Mis tardes con Margueritte", todos os membros do segundo grupo xa temos decidida as lecturas ata final de curso. Pronto as ordenaremos e as exporemos aquí.

 

2 comentarios:

 

miércoles, 8 de diciembre de 2010

 
 
 
 

 



page | by Dr. Radut